O PP acusa a Méndez de recuperar promesas incumpridas, doutras campañas, a un ano das eleccións

By 14 Maio, 2018 Urbanismo

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide manifestou o seu escepticismo diante do anuncio do proxecto do aparcamento gratuíto do Hula xa que “este leiraparking prometéronno os seus padriños políticos no ano 2011 e non o cumpriron; logo o prometeu a alcaldesa, hai tres anos, e tamén foi incapaz de cumprir, a estas alturas, co seu compromiso”

O Partido Popular acusa á alcaldesa de Lugo de iniciar “unha campaña de cara á galería para tapar a parálise do seu goberno” e critica que “para montar esta cortina de fume recupere promesas incumpridas doutras campañas”.

Deste xeito, o voceiro do Grupo Popular valoraba os últimos anuncios feitos por Lara Méndez. No caso do leiraparking os populares amosan o seu escepticismo de que se cumpran os prazos xa que “estamos falando do terceiro anuncio da construción desta zona de estacionamento público e gratuíto situado nuns terreos municipais fronte ao Hula”.

Antonio Ameijide pregúntase se “será esta a promesa definitiva”  puntualizando que “foron os padriños políticos da alcaldesa os que en 2011 anunciaban a obra en plena campaña . “No 2011, en vésperas de eleccións, Orozco e Besteiro instalan un cartel prometendo o  leiraparking e, sete anos despois,  non hai nin aparcamento gratuíto, nin cartel, e os padriños da alcaldesa están desaparecidos políticamente” matizando que “agardemos que desta volta non pase o mesmo, eu se fose a alcaldesa estaría preocupado”.

O voceiro do PP tamén recordou como, en  marzo de 2016, dende o Grupo Popular se lles advertiu de que a entrada en vigor da nova Lei do Solo xa lles permitía a construción dun aparcamento público no entorno do Hula. Ameijide explicou que “o urbanizable municipal que linda co complexo hospitalario pasou a considerarse solo rústico polo que se autorizaba a habilitar  una zona de estacionamento ao aire libre”. O voceiro popular destacou que “coa nova lexislación este espazo deixou de ter as limitacións como suelo urbanizable de protección de infraestructuras no cal non se permitía o uso de aparcadoiro”.

Malia esta advertencia “os socialistas seguiron na mesma tónica de espiral de promesas incumpridas sen aproveitar a oportunidade que lles brindaba a nova lei do solo”. “Seguiu pasando o tempo sen que os lucenses, pola inoperancia do PSOE, podamos utilizar esta zona de aparcamento gratuíta fronte ao Hospital” concluíu.

 Con respecto ao anuncio do ascensor de Fontiñas amosou a súa satisfacción porque logo de anos de insistencia do Partido Popular, con iniciativas de pleno favorables, por fin o PSOE se da conta da necesidade de acometer o proxecto do ascensor de Fontiñas “tan demandado polos cidadáns e tan reclamado polo PP”.  Ameijide tamén expresou o seu desexo de que este elevador “non sexa outra nova mentira máis dos socialistas e sega o mesmo camiño co do Sagrado Corazón” lembrando como os veciños levan xa 11 anos agardando por esta dotación prometida tamén en campaña electoral.

Responder

eighteen + 19 =