O PP acusa aos socialistas de non ter un proxecto cultural definido para Lugo

By 29 Marzo, 2018 #LugoaExame, Cultura, Turismo

A concelleira do Grupo Municipal do PP Encarna Amigo lamenta que os socialistas vendan como un éxito que en Semana Santa abriron os museos municipais de Lugo, cando “o verdadeiro éxito” tería que ser que se ampliaría o horario das salas de exposicións municipais

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Encarna Amigo, lamentou que o goberno socialista de Lugo unicamente se preocupa de ampliar o horario dos museos en Semana Santa, a pesar das constantes queixas que hai durante todo o ano polo horario reducido que teñen os museos municipais de Lugo. A popular destaca que “é unha mágoa” ver como os socialistas venden como un éxito que en Semana Santa abrirán os museos cando a nova que “todos agardamos é que se ampliará definitivamente o horario das salas de exposicións da cidade” polo que acusou ao equipo de goberno de padecer unha “falta total de proxecto cultural para Lugo”.

Encarna Amigo realizou unha revisión dos museos municipais da cidade no comezo da Semana Santa de Lugo, unha época de gran afluencia de turistas na cidade, para comprobar o traballo do goberno socialista en materia de turismo. Neste senso, Encarna Amigo comprobou como os turistas que chegan a Lugo deixan moi malas críticas do Museo Interactivo da Historia de Lugo nas webs especializadas en turismo. “Non podemos permitir que un museo que tivo unha inversión de 10 millóns de euros sexa o blanco das críticas dos turistas porque non hai contidos. Precisamos dun plan cultural e turístico para que os visitantes que chegan á cidade non se leven unha mala imaxe por visitar museos valeiros”, explicou Amigo.

A concelleira popular lamentou a “pouca vontade” de Lara Méndez para escoitar á oposición e valorar as propostas dos grupos, perdendo así “oportunidades para a promoción turística de Lugo”. En concreto, Amigo refírese ao proxecto para sinalizar na Praza Pío XII a unión dos tres Patrimonios da Humanidade cos que conta Lugo. A popular explicou que pedimos que se organizara un concurso de ideas para que se deseñera un elemento que promocionaría este punto. Encarna Amigo asegurou que os popular non pedían unha figura en concreto, se non que podería ser “unha escultura, un monolito ou outro elemento que representara a riqueza que se pode admirar neste enclave”.

Para os populares “é un lugar único do que os lucenses podemos presumir, polo que consideramos que se debe sinalizar” para converter a Praza Pío XII noutro punto de referencia para os turistas que chegan a Lugo. Ademais, a concelleira popular engade que de facer visible este enclave se podería instalar un panel informativo dixital onde o viaxeiro poida buscar toda a información precisa para coñecer a Muralla, Catedral e Camiño Primitivo así como acceder a información gastronómica e de eventos programados polo Concello.

Encarna Amigo tamén lamenta a situación na que se atopa a xestión dos museos municipais da cidade, xa que “son un dos 22 servizos co contrato caducado no Concello de Lugo”. Neste eido, a popular esixe a Lara Méndez que saque a licitación inmediatamente o novo pliego de contratación deste servizo, caducado dende o ano 2014, e que, nesta ocasión, o faga “nunhas condicións dignas” para que non quede de novo valeira a convocatoria de ofertas, xa que na última ocasión que se sacou a licitación “non se presentou oferta algunha”.

Responder

four × one =