O PP acusa ao goberno local de “irresponsable” por sinalizar de forma deficiente o peche do mirador do Parque Marcos Cela

By 16 Maio, 2018 Medio Ambiente

A concelleira do Grupo Popular Ana López Pombo asegura que “as vallas provisionais, que se colocaron hai máis dous meses, están abertas de par en par e carecen dun cartel informativo que alerte de posibles riscos de circular por este mirador de madeira da Volta da Viña”

O Partido Popular quere saber se pasar pola pasarela de madeira do Parque Marcos Cela é seguro. A concelleiro popular Ana López Pombo lembrou que “este paso pechouse hai dous meses logo dun corremento de terras da ladeira onde está anclada a estructura de madeira e que tivo lugar o pasado 19 de marzo”.

A concelleira Ana López Pombo explicou que na actualidade “as vallas que se colocaron a ambos lados da pasarela para impedir o paso están abertas de par en par” e que “neste momento os lucenses acceden, sen problema, á pasarela de Marcos Cela descoñecendo se hai algún tipo de risco” matizou a concelleira.

Dende o PP queremos saber se o goberno local deu algún paso para asegurar esta estructura logo do corremento de terras xa que “sospeitamos que as vallas provisionais que se puxeron para disuadir aos veciños para que non utilicen este paso foi a única acción que fixo o goberno”. Tamén preguntou cando teñen previsto retirar “as pedras e a terra que hai acumulada ao pé da escaleira da Volta da Viña”.

A popular insta aos socialistas a abrir o paso do Marcos Cela o máis axiña. Mentres non se arranxa a popular reclama que se é necesario vallar que se faga con todas as garantías e que se coloque un cartel informativo explicando os motivos do corte”.

A popular preguntará aos socialistas se avaliaron a necesidade de levar a cabo un plan de drenaxe nesta zona, tamén quere saber si, tal e como está, é seguro circular por este mirador de madeira; outra cuestión que pide aclarar es cando teñen previsto abrir o paso.

Ana López Pombo tamén aproveita, esta batería de preguntas, para reclamar información sobre o futuro do proxecto para peonalizar a Volta da Viña xa que é un punto moi perigoso para os peóns que utilizan esta zona para baixar ata Miño.

Responder

2 × four =