Urbanismo

O PP acusa ao PSOE de privar aos lucenses de axudas de ata 30.000 € para rehabilitar vivendas

By 25 Abril, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide afirma que “Lugo é a única gran cidade de Galicia que non asinou o convenio das ARIS do ano pasado  para solicitar fondos, da Xunta e o Ministerio, para investir ao longo deste 2018 perxudicando aos propietarios de 2.268 vivendas do casco antigo da cidade”

O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia “a incompetencia e a irresponsabilidade” da alcaldesa de Lugo que “evitou sumarse ao convenio a tres bandas coa Consellería de Infraestructuras e o Ministerio de Fomento para conseguir fondos encamiñados á rehabilitación de vivendas no casco histórico ao longo deste 2018”.

O voceiro popular Antonio Ameijide recriminou “a pouca altura de miras da socialista” destacando que  “Lugo é a única cidade de Galicia que non participou neste acordo perdendo unha nova oportunidade para recuperar este barrio”. O popular lembrou que “a ARI en Lugo contemplaba ata 11.000 euros de subvención a fondo perdido por cada vivenda obxecto de rehabilitación, e 30.000 por cada unha construída en substitución dunha demolida”.

O voceiro popular explica que, agora, os lucenses “tan só teñen a opción de executar actuacións ou obras pendentes do ano 2017 que se financiarían con cargo aos remanentes que non se gastaron da axuda do Ministerio e que permiten subvencionar actuacións ata o límite de 231.000 € para rehabilitación”. Este cantidade corresponde ao importe que se deixou sen executar de anos precedentes por mor da escasa difusión e información que os socialistas lle deron aos lucenses deste tipo de axudas xestionadas polo Concello e financiadas con cartos doutras administracións (Xunta e Ministerio).

O popular explicou que “por si esta metedura de pata fose pouco, agora, nos atopamos con que algúns veciños do casco histórico, ademáis de quedar sen as axudas da ARI, tampouco van poder acceder ás novas subvencións ligadas ao Camiño de Santiago por ser incompatibles” xa que non se poden solicitar se acceden as do ARI de 2017, puntualizou.

Ameijide indicou que “este erro ou desprezo da alcaldesa apuntala máis a nosa teoría de que  os socialistas non teñen vontade real nin de impulsar o barrio da tinería, nin o casco histórico para rexenerar un dos barrios da cidade que máis o precisan”. O popular teme que este desinterese de Méndez “á hora de pelexar por fondos públicos para recuperar barrios da cidade sexa contaxioso e continuen frenando a necesaria creación de novos ARRUS ou ARIS en zonas como a Milagrosa ou A Ponte”. O voceiro popular desconfía da capacidade de xestión da alcaldesa e teme que “se repita esta situación e que se perdan as futuras achegas para desenvolver estes programas de rexeneración urbanística”.

Por último, Antonio Ameijide lamenta que a alcaldesa de Lugo “se despreocupe dun xeito tan evidente  da rehabilitación urbana” lembrando que “a ARI vixente  do casco histórico foi declarada o 13 de marzo de 1998 cun goberno do Partido Popular”. O voceiro popular manifestou que “grazas a esta declaración como ARI hai 687 edificios ou 2.268 vivendas que se poden acoller a este tipo de subvencións no Concello de Lugo o que supón un 7% do parque inmobiliario”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies