O pleno brinda o seu apoio á proposta do PP para que o Concello asine un convenio coa Escola Ramón Falcón para mellorar a imaxe urbana de Lugo

By 30 Novembro, 2017Cultura, Proposición
Encarna Amigo pleno novembro 2017

O pleno do Concello de Lugo deu o seu voto favorable á proposta do Grupo Municipal do Partido Popular para instar ao goberno local a asinar un convenio de colaboración coa Escola de Artes Ramón Falcón para elaborar un catálogo propio de mobiliario urbano e así mellorar a imaxe da cidade, chegar a un Lugo máis moderno.

Nas últimas décadas, as cidades viviron grandes transformacións onde a área artística, cobrou un protagonismo especial que serviu para democratizar a arte e humanizar os diversos espazos.

No escenario actual das cidades, coa súa natureza efémera, a arte urbana cada día gaña máis espazo e aceptación, permitindo a través das cores, formas e imaxes poñer en valor a nosa cultura e historia o que supón un atractivo para as persoas que as visitan.

A arte urbana actúa como unha galería ao descuberto e forma parte do patrimonio das cidades, nese sentido en Lugo debemos impulsar accións que permitan embelecer as nosas rúas e unha forma de facelo podería ser a través dun catálogo propio de mobiliario e doutros elementos arquitectónicos como as medianeiras e muros. Afortunadamente contamos para iso, entre outros coa Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón que é un referente polo gran nivel e talento que atesouran os seus profesores e alumnos, e cuxo coñecemento e experiencia serían de gran utilidade para establecer unha identidade cultural propia na cidade, incidindo de forma especial no mobiliario urbano. Esta colaboración pódese concretar a través dun convenio coa Escola no que contemple entre outras cuestións a promoción dun concurso de ideas para que en cada ano podamos actuar nunha peza concreta ou focalizar os esforzos nunha determinada contorna.

 

Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Instar o Goberno Local a que promova un convenio coa Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, co obxecto de elaborar un catálogo propio de mobiliario urbano, elementos arquitectónicos (medianeiras, muros…) para posteriormente emprender actuacións artísticas que permitan a súa posta en valor.

Responder

fifteen + 19 =

Facebook Like Box