Transporte urbano

O PP ve “unha oportunidade perdida” o redeseño do transporte público

By 23 Xuño, 2017Sin comentarios

 O voceiro popular Antonio Ameijide considera “moi pobres, moi pouco ambiciosos e claramente insuficientes” os cambios que propón o goberno para os autobuses urbanos, “que dificilmente se converterán nunha alternativa real aos vehículos privados”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, considera que o redeseño do transporte público presentado polo goberno local esta semana é “unha oportunidade perdida” xa que “logo de moito tempo agardando por uns cambios de envergadura, o único que se introducen son mínimos retoques que dificilmente permitirán que os autobuses urbanos se convirtan nunha verdadeira alternativa real ao vehículo privado”.

Nesa liña, Ameijide cualifica de “moi pobres, moi pouco ambiciosas e claramente insuficientes” as modificacións incorporadas, dado que “aínda que é certo que moitas delas as levamos trasladando dende hai meses dende o Grupo Municipal do Partido Popular, como a gratuídade do transbordos, a actualización dos sistemas de información e a creación dunha APP para informar en tempo real dos percorridos, hai cuestións de fondo que o goberno local deixou aparcadas”. Entre elas, o voceiro popular alude á gratuidade dos autobuses urbanos para menores de idade, persoas con escasos recursos, xubilados e pensionistas (proposta do PP aprobada no pleno), ao establecemento de tarifas planas para uso diario ou á creación de bonos semanais, mensuais e mesmo anuais para traballadores; así como a outras que, “sendo menores si mellorarían sensiblemente o atractivo dos autobuses urbanos, como a asimilación a un plano de metro ou a identificación das liñas por cores”.

Paralelalemente, o voceiro popular denuncia que “a única pegada que vai deixar a alcaldesa é cambiar as cores dos autobuses urbanos”. “O único que pon de manifesto é, outra vez máis, igual que fixo coa supresión repentina da ORA, Lara Méndez volve amosar que o único que a move é a imaxe, con cambios que se caracterizan pola súa superficialidade en lugar de abordar verdadeiramente os problemas do municipio”, asegura, ao tempo que anuncia que reiterará todas as propostas “de calado” nunha vindeira Mesa de Transporte a cuxa convocatoria “urxente” insta.

Así mesmo, Antonio Ameijide censura que “se desligara” o redeseño do transporte urbano “do resto da mobilidade” do municipio, “comezando por enlazar os aparcamentos disuasorios para favorecer os transbordos nas inmediacións dalgunhas paradas”. “De feito, unha cuestión que botamos moito de menos é que non se teñan establecido tampouco intercambiadores en puntos neurálxicos e estratéxicos”, afonda o popular.

Por último, o voceiro popular tamén lamenta que non se teñan previsto reforzos de servizos nas noites de venres, sábado e vésperas de festivos “para evitar o uso do automóbil privado entre os máis novos en circunstancias non axeitadas para a condución” e que tampouco se incorpore ningunha liña que chegue ao HULA ao longo da noite “xa que, aínda que é lóxico que non haxa a mesma frecuencia do día, si deberan existir algúns traxectos posto que moitas persoas precisan acudir a estas instalacións, ben por urxencias menores ou ben por cambios de quendas no acompañamento de enfermos”. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies