O PP urxe aos socialistas a corrixir os prezos dos comedores escolares por consideralos discriminatorios e inxustos

By 19 Xuño, 2017Servizos sociais
niñas de espaldas-GMPPLugo

A concelleira popular Mari Teijeiro propón crear unha liña específica de Becas Comedor para o vindeiro curso académico mentres que o goberno local “non axusta os prezos dos menús escolares para que sexan progresivos en función dos recursos familiares”

A concelleira popular Mari Teijeiro insta aos socialistas a traballar de forma urxente para corrixir, canto antes, a ordenanza de comedores escolares que o goberno local aprobou no pleno de Maio suliñando que “non ten sentido aplicar tarifas liñais pola prestación do servizo do comedor escolar sen ter en conta os recursos das familias que as solicitan así como as súas características específicas”. A concelleira do PP explicou que para evitar tarifas inxustas ou discriminatorias se  debería aplicar o criterio de “progresividade por renda familiar”.

A popular salientou que tal e como está redactada a normativa do PSOE “supón unha discriminación ao tratar do mesmo xeito aos usuarios de menor poder adquisitivo e que poderían ter dificultades para pagar os 80 euros mensuais do menú escolar”.

Nese senso, o Grupo Municipal rexistrou unha iniciativa para debatir en pleno este asunto e na que proponen elaborar “unha Orde de convocatoria de axudas relativas a Becas Comedor para o vindeiro curso, en tanto non se adapta a ordenanza”. Teijeiro, consciente do axustados que están os prazos, pide un esforzo ao goberno socialista para correxir os criterios que o goberno fixou na súa ordenanza deixando de lado ás familias con menos recursos.

Teijeiro insiste en que o goberno local debe modificar a ordenanza para “garantir a progresividade nos prezos dos menús escolares e ampliar o abano de usuarios”. A edil lembrou tamén que a proposta das Becas Comedor formaba parte do Pacto contra a Pobreza aprobado pola corporación a instancias do Grupo Popular e que tamén se debateu no seo da Comisión de Benestar por iniciativa popular.

Responder

10 − five =