Policia

O PP urxe a convocatoria de prazas de policías locais para cubrir as máis 30 xubilacións previstas para este ano

By 9 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Partido Popular afirma que a falta de previsión do goberno de Lara Méndez no tocante á cobertura das xubilacións anticipadas dos policías locais “vai deixar en cadro neste 2019 ao servizo”. O vicevoceiro popular asegurou que “nunca antes Lugo estivo tan xusta de efectivos” reflexionando que “cando se xubilen os 32 axentes que se acolleron a esta posibilidade que lles brinda a lei a plantilla da policía local reduciráse de forma drástica e pasaremos a contar con tan só 80 efectivos”. Rozas asegura que “a recomendación europea 1,8 axentes por cada 1000 habitantes será, no noso municipio, unha utopía xa que para cumprir con esta ratio teríamos que contar con 175 axentes”.

Enrique Rozas asegura que de non convocar de forma urxente as prazas das vacantes da policía local podería colapsar un dos servizos esenciais para garantir a seguridade dos cidadáns. O popular lamentou “a falta de previsión e a inacción da alcaldesa a quen lle reclamou a convocatoria urxente desta prazas. O vicevoceiro popular indicou que para axilizar este proceso ten a posibilidade de adherirse ao convenio coa Academia Galega de Seguridade que se encargaría de realizar o  proceso selectivo e de formación dos novos policías.

Rozas afirma que hai concellos galegos que xa se adiantaron a xestionar a cobertura das xubilacións dos seus policías para evitar que os seus municipios quedasen sen efectivos. “Trátase dunha cuestión de organización e vontade política” dúas cualidades das que lamentablemente “non fan gala o PSOE de Lugo” concluindo que o equipo de goberno non fixo nada para evitar a perda de axentes pola xubilación anticipada.

Xunta local de seguridade.-

 Ao fío desta petición Enrique Rozas tamén reclamou que se convoque a xunta local de seguridade para abordar aos problemas en materia de seguridade que están a proliferar no noso municipio así como para coordinar futuras accións para paliar a reducción dos efectivos da policía local.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies