O PP traslada ás entidades lucenses unha mensaxe de apoio e ánimo para superar esta crise sanitaria

O voceiro popular Ramón Carballo enviou unha carta a diferentes colectivos da cidade para poñerse a súa disposición en calquera cousa que poidan axudar xa que consideran que “é o momento da xenerosidade, con quen máis o precisa, e de gratitude con aquelas persoas que pola súa profesión están velando polo noso benestar”

O voceiro do Grupo Popular púxose en contacto por escrito, nos últimos días, cos colectivos do ámbito empresarial, social, cultural, deportivo para trasladarlles unha mensaxe de apoio e ánimo para superar esta crise sanitaria.

No texto da carta ademáis de poñerse a disposición das entidades para calquera cousa que podan necesitar e na que o Grupo Popular lles poda axudar se indica que “como cargos públicos que somos e militantes dun partido político que leva a gala de por as persoas por riba de todo, queremos diciros que estamos aquí e que daremos o mellor de nós para minimizar as consecuencias desta situación. Non pode haber dúbidas sobre o noso compromiso presente pero, sobre todo, futuro”.

Os populares teñen moi claro que “non é momento para intereses partidistas, nin tampouco para críticas que nos fagan malgastar esforzos e perder a perspectiva do que agora verdadeiramente importa”. Na carta que se enviou a diferentes entidades lucenses se insiste en que é o momento da xenerosidade “con quen máis o precisa como os nosos maiores e persoas máis vulnerables” e que tamén é o momento da gratitude “a todas aquelas persoas que pola súa profesión están velando polo noso benestar”. O Grupo Popular tamén ten presente aos autónomos que viven a situación con incertidume e aos traballadores por conta allea que xa se viron afectados por un ERTE.

Para rematar os populares reiteran unha mensaxe de ánimo, de tranquilidade e de responsabilidade, así como de colaboración absoluta con todas as iniciativas, veñan de onde veñan, que redunden nunha maior protección dos nosos concidadáns”.

 

Afiliados populares

O voceiro popular e presidente da xunta local tamén púxose en contacto por carta cos afiliados do partido para transmitirlles o seu apoio e de, xeito moi especial, aos interventores e apoderados que xa estaban preparados para participar nas eleccións indicando que “xa chegará o momento no que se poidan celebrar en condicións de normalidade”.

Responder

one × four =