O concelleiro do Grupo Municipal do PP Óscar Poy denuncia que non puidemos ver o proxecto do goberno local para a creación dun circuíto de motocrós en Lugo, xa que non se permitiu o acceso, a pesar de que o edil de Deportes, Miguel Fernández, asegurou no último pleno que estaban a desenvolver un proxecto “moi ambicioso” neste senso

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, fai públicas as trabas do goberno local para que se poida coñecer o que o edil de deportes cualificou como “moi ambicioso” proxecto para a construción dunha pista de motocrós en Lugo.

Óscar Poy explica que despois de que Miguel Fernández desvelase os plans do goberno local, cun proxecto moi ambicioso e avanzado, desde o Grupo Municipal do Partido Popular se solicitou acceso a ese expediente para poder coñecer os plans do bigoberno neste eido. Pero a “sorpresa” para o edil popular foi que cando foi a consultar o expediente “nada me deron”. Segundo a lexislación vixente, os grupos municipais poden solicitar o acceso a unha información determinada, a cal se debe facilitar no prazo de cinco días hábiles. “Despois de solicitar a información e deixar transcorrer o prazo legal marcado, a sorpresa foi a resposta que me deron no servizo correspondente: que aínda é algo que se está a confeccionar”, explicou.

O concelleiro popular tilda de “vendedores de fume profesionais” aos concelleiros do goberno local, que “se permitiron o luxo” de rexeitar a proposta que levamos ao último pleno desde o Grupo Popular asegurando que traballaban nun plan moito máis ambicioso. “A realidade é que nada teñen que ensinar porque non fixeron nada pero, aínda así, se permiten licenzas como negar unha proposta para crear en Lugo un circuíto de motocrós, que é unha demanda de moitos afeccionados a este deporte”, explicou.

Leave a Reply

14 + 12 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies