Economía

O PP sospeita que o bigoberno quere desmantelar o Tribunal Económico Administrativo para montar un chiriguito de afíns

By 5 Setembro, 2019Sin comentarios

O Partido Popular afirma que o bigoberno está demostrando “actitudes pouco democráticas” en alusión a un decreto da concelleira de gobernanza no que decide, de forma unilateral, iniciar o expediente para renovar ao persoal  do Tribunal Económico e Administrativo.

O PP cuestiona a forma de proceder do bigoberno xa que “este órgano, formado ata o de agora por funcionarios, no que se resolven reclamacións económico e administrativas que presentan os cidadáns, foron nomeados por unanimidade no ano 2008 a proposta do goberno de  Xosé López Orozco.

Nesta manobra os populares ven “unha clara intencionalidade do PSOE para seleccionar, de forma discrecional, a novas persoas  coa idea de montar no TEA un chiringuito de afíns, ao igual que fixo coa dirección xeral”.

Este órgano creado ao abeiro da Lei de Grandes Cidades está constituído por tres membros que poden ser o ben funcionarios ou ben persoas alleas á administración que acrediten competencia profesional e experiencia no desempeño de postos de responsabilidade na xestión pública ou privada.

Nese senso Ameijide puntualizou que “moito nos tememos que queiran sacar a funcionarios municipais para traer de fóra da casa a persoas vinculadas co PSOE”. O vicevoceiro popular pregunta ao socio nacionalista do goberno “cal é a súa opinión sobre abrir un novo chiringuito socialista”.

Antonio Ameijide tamén cualifica de “imprudente a Paula Alvarellos por cuestionar o proceder e a legalidade dunha proposta, que fixo o seu propio partido con Orozco como alcalde, cando di que no seu día se omitiron requisitos técnicos”

Por ese motivo, Ameijide tamén quere que o bigoberno explique se se están a cuestionar a legalidade das decisións e os acordos adoptados durante os dez anos de funcionamento do TEA. Hai que lembrar que o Tribunal Económico e Administrativo  resolve as reclamacións económicas e administrativas que presentan os cidadáns como por exemplo a resolución de devolución de plusvalías, entre outros asuntos

Os populares piden ao bigoberno que recapacite e que consensúe con toda a corporación a renovación do Tribunal Económico Administrativo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies