Lugo en marcha

O PP sorteará unha cesta solidaria de productos adquiridos en Diversiarte

By 14 Decembro, 2018Sin comentarios

Ramón Carballo reunirá o vindeiro mércores 19 de decembro “ao activo máis valioso que ten a organización para poñer en marcha un Lugo de oportunidades e de futuro: os nosos afiliados e simpatizantes”.

O popular manifestou que “esta xuntanza informal é un recoñecemento colectivo do traballo que a base do partido vén desenvolvendo día a día no seu ámbito familiar, de traballo e na rúa”. Carballo afirmou que “é unha persoa que cre na forza do equipo” e que convoca este evento, coincidindo co Nadal, para  agradecer a todos os que se están implicando na confección do modelo de cidade coas súas achegas e suxestións”

Os afiliados e simpatizantes que se sumen a este acto participarán nun sorteo dunha cesta solidaria valorada nuns 200 euros que contén  productos navideños do comercio local e tamén con pezas e traballos elaborados por 25 entidades que desenvolven a diario un labor fundamental para a integración no noso municipio.

A maior parte dos productos foron adquiridos na Feira de  Diversiarte que hoxe mesmo se clausura. Carballo puntualizou que “a finalidade desta iniciativa é contribuir a visibilizar o traballo que realizan estas entidades do ámbito social salientando a súa gratitude e admiración pola actividade que fan para mellorar a calidade de vida de moitos lucenses”.

Nesta xuntanza de confraternidade está prevista a participación da Presidenta Provincial, Elena Candia, así como doutros cargos do partido.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies