Na comisión de cultura, que se celebrou hoxe, a preguntas do PP, quedou en evidencia que en Lugo hai dous gobernos xa que “a responsable nacionalista de Cultura dixo que é a área de Patrimonio, que depende do PSOE, a que ten entre mans o futuro do edificio” 

O Partido Popular asegura que hoxe se viviu un novo episodio que confirma  que o BNG funciona de forma estanca e diferenciada das áreas do PSOE e fai esta reflexión logo de escoitar as contestacións da responsable de Cultura, a nacionalista Maite Ferreiro, sobre o futuro do novo auditorio de Magoi.

A primeira conclusión, que resulta preocupante é que o BNG “pónse de perfil” tal e como se desprende das palabras da propia concelleira nacionalista quen asegura, a estas alturas, que o BNG “non ten nada que pintar” xa que o edificio foi recibido por Patrimonio, a pata socialista do goberno polo que, segundo Ferreiro, mentres non se arranxen as deficiencias “non se vai programar nada neste espacio cultural”.

A segunda conclusión é que o bigoberno de Lugo “non teñen ningún interese en abrir esta infraestructura nova na que a Xunta de Galicia investiu máis de 20 M€” recalcando que “non teñen ningunha previsión de data de apertura” e todo apunta a que “se vai seguir dilatando sine die xa que agora Cultura se escuda en que se vai solicitar un proxecto e nin tan sequera son capaces de facilitar o importe que se necesitará para poñelo en marcha”.

A terceira conclusión é “o alarmismo infundado” dos nacionalistas, co que tamén hoxe nos sorprenderon, ao poñer en dúbida a seguridade do novo auditorio chegando a insinuar que podría haber perigo para as persoas que entren  no seu interior”.

A concelleira popular Beatriz Vázquez asegura que lle parece unha esaxeración e, mesmo un ataque contra os ténicos que revisaron a recepción, dicir que “nas condicións nas que se aceptou o auditorio é imposible abrir”.

Leave a Reply

1 + 6 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies