O PP solicita a Concello e Goberno central o arranxo inmediato do paso inferior da N540, á altura da Louzaneta, repleto de baches

By 5 Xaneiro, 2021Zona rural

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular Manuel López explica que se trata dunha reclamación que levan facendo dende hai moitos meses os veciños desta zona, xa que se trata do único paso habilitado para poder incorporarse á vía que os leva dirección á cidade, polo que urxe a súa reparación para evitar danos nos coches

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, esixe ao Concello de Lugo e ao Goberno central que se poñan a traballar para arranxar os baches que presenta o paso inferior da N540, e as vías colindantes, que dificultan a circulación e xa causaron danos nos baixos dalgún vehículo.

Manuel López explica que se trata dunha reclamación que os veciños desta zona levan moitos meses realizando xa que se trata da única vía de entrada e saída ás súas vivendas e, ante a inacción do goberno local, os afectados amosaron o seu malestar por esta situación xa que non é algo puntual. “Os veciños critican que levan xa varios anos así e que co paso constante dos vehículos e as inclemencias do tempo en inverno o firme cada vez vai a peor, polo que piden solucións inmediatas”, apunta.

Os concelleiros populares que se achegaron ata a zona tiveron ocasión de comprobar o malestar existente entre os veciños e os empresarios da zona, xa que esta vía é o acceso ao polígono industrial da zona, e comprobaron as dificultades que este bache presenta para a circulación debido ás dimensións dos diferentes baches deste paso inferior. “É imprescindible unha actuación inmediata para evitar que teñamos que lamentar calquer tipo de accidente no futuro”, sentencia.

Neste punto pode verse como nos baches hai unha corrente continua de auga, o que pode ser indicativo de que hai unha fonte subterránea manando constantemente, de aí os constantes baches, ou que algunha tubaxe soterrada ten algún tipo de fuga, polo que os populares instan a facer un estudo previo para non ter que estar a poñer parches periodicamente.

Leave a Reply

twenty + six =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies