O PP resume os 100 días goberno do bipartito de Lugo como “tempo perdido para os lucenses”

By 1 Outubro, 2019 Transparencia

O voceiro popular Ramón Carballo destacou que é o bigoberno máis caro da historia de Lugo e que “non está á altura dos veciños e veciñas de municipio” recalcaldo que “é un despropósito teñamos que pagar, do noso peto, 3.8 M€ en dedicacións exclusivas e asesores para o PSOE e o BNG”

Ramón Carballo afirmou que “neste mandato sufriremos diferentes capítulos de desencontros e contradicións entre o bipartito do PSOE e BNG” lembrando “os problemas que tiveron para estructurar o goberno, os criterios dispares a conta do peche do párking Ánxel Fole, ou voto distinto á hora de reclamar as transferencias do Estado”

O voceiro do Grupo Popular recriminoulle á alcaldesa socialista que practique un vitimismo crónico coa Xunta para eludir responsabilidades e que siga acumulando proxectos fracasados; ao vicealcalde do BNG acusouno de ser pouco dialogante, de sectario e de amordazar e ameazar ao seu grupo político

Carballo matizou que “mal imos co triunfalismo deste goberno local, deberían ser máis humildes e deixar de mirar con desconfianza ao único grupo que busca liñas de acordo e cooperación poñendo riba da mesa propostas efectivas e reais como vimos demostrando nos plenos”

DECALOGO 100 DÍAS PSOE e BNG LUGO

1. Lugo ten un goberno con 2 alcaldes diferentes.

2. Lugo ten un goberno de contradicións

3. Lugo ten o goberno máis caro da súa historia.

4. Lugo ten un goberno de proxectos fallidos

5. Lugo ten un goberno que defende a xestión de Orozco e Besteiro no Garañón

6. Lugo ten un goberno ineficaz e a súa inacción e incapacidade pagarémola do noso peto os lucenses.

7. Lugo ten un goberno que practica un víctimismo crónico

8. Lugo ten un goberno sectario.

9. Lugo ten un goberno que amordaza

10. Lugo ten un goberno de puro teatro

Responder

17 − 14 =