CulturaTurismo

O PP recorda ao goberno local que o luns celébrase o 20º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade e os insta a celebrar a efeméride

By 25 Novembro, 2020Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do PP Beatriz Vázquez pide que xa que o goberno local non anunciou ningún acto para conmemorar este aniversario realice unha campaña de difusión do monumento a nivel nacional, tanto en medios de comunicación como en redes sociais, para atraer a novos turistas cando sexa posible, tendo en conta a nova situación pola Covid

O luns día 30 de novembro todos os lucenses estamos de celebración, xa que é unha data especial para a cidade, pois se cumpren 20 anos dende que a Unesco declarou á Muralla Romana de Lugo como un ben Patrimonio da Humanidade. Unha data que debe de ser sinónimo de ledicia para todos os lucenses, excepto para o goberno local, porque a menos dunha semana para celebrar esa efeméride aínda non se anunciou ningún acto para conmemorar esta data, dende ningún dos bandos do bigoberno.

Neste senso, a concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Beatriz Vázquez, critica a postura tomada polo goberno local, concretamente pola área de Cultura e Turismo, que seguen a ningunear ao noso monumento bimilenario e principal reclamo turístico da nosa cidade. Neste senso, recorda que hai poucas semanas Maite Ferreiro decidiu devolver unha subvención de 43.000€, do Ministerio de Cultura e Deporte, para promocionar e difundir a Muralla, simplemente porque a concelleira responsable de Cultura considerou que a parte que tiña que poñer o Concello de Lugo, 37.000€, non merecía a pena para promocionar un ben recoñecido como Patrimonio da Humanidade hai 20 anos e para atraer visitantes a nosa cidade.

A concelleira popular insta ao goberno local a “traballar” en prol do turismo, xa que “non están a facer nada neste eido” e seguen a ningunear á Muralla, a pesar de que o monumento foi elixido pola Unesco dentro da campaña #ShareOurHeritage, destinada a favorecer o coñecemento do Patrimonio Mundial que foi recoñecido pola propia Unesco, durante o confinamento.

Pola contra, Beatriz Vázquez explica que outras administracións si que están a realizar campañas en favor da promoción do monumento e para a celebración do vixésimo aniversario do seu nomeamento como Patrimonio Mundial. Destaca a iniciativa da Xunta de Galicia que creou un canal en Youtube para que todas as persoas que o desexen realicen un vídeo para felicitar á Muralla e aos lucenses.

Por iso, a concelleira popular insta ao goberno local a “traballar” para celebrar este aniversario da Muralla e, xa que non se poden organizar grandes actos debido ás restriccións sanitarias, propón que se promocione a Muralla a nivel nacional e internacional, en diferentes medios de comunicacións e en redes sociais para difundir a imaxe da Muralla e da cidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies