InfraestruturasTráfico

O PP recorda ao goberno local a necesidade de asfaltar un tramo de 30 metros na avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez

By 8 Agosto, 2019Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Rafael Pérez, recorda que os veciños desta zona da cidade levan varios anos demandando o arranxo dun treito da rúa que está cheo de fochancas e leva máis de 30 anos sen asfaltar

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, pide ao equipo de goberno que escoite as peticións dos veciños da Avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez que dende hai anos solicitan o asfaltado dun treito da rúa, duns 30 metros aproximadamente, e unha mellora na limpeza da rúa.

Rafael Pérez afirma que os veciños desta zona da cidade xa nos expuxeron en diferentes ocasións as súas demandas e, polo visto, ao goberno local non lle interesa dar unha solución ás súas peticións. Neste senso, a principal reivindicación dos veciños é un treito da rúa, ao carón da rúa Mar Cantábrico, que leva uns 30 anos sen asfaltar polo que solicitan unha actuación inmediata, que, como pode observarse cunha simple ollada, “conta con numerosas fochancas que dificultan a circulación”.

Nesta zona, tamén sería preciso unha intervención nun solar de propiedade privada, pero que dende hai anos é de uso público xa que os veciños adoitan estacionar ahí os seus vehículos. Por iso, os populares piden ao goberno bipartito de Lugo que estude a posibilidade de actuar tamén nese solar privado para deixar a rúa en boas condicións. Neste senso, a actuación a desenvolver podería ser semellante á que xa se acometeu na rúa Primavera. “O Concello podería realizar unha actuación moi semellante á da rúa Primavera e así dar unha resposta aos veciños, xa que ambas rúas presentan características comúns, polo que a solución podería ser idéntica ou moi semellante”, explicou.

Pese a que se trata dunha zona moi reducida, hai máis aspectos a mellorar, como a limpeza da rúa, xa que “os veciños teñen que soportar a suciedade que hai na rúa xa que non se limpa nin tampouco se procede a desbrozar a rúa, polo que teñen que ser os particulares os que o fagan agora para mellorar a imaxe da rúa”. Incluso, sería preciso estudar a posibilidade de implantar algún paso de peóns máis, por exemplo, na esquina coa rúa Mar Cantábrico.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies