O concelleiro popular lamenta a “desidia e o olvido deste bigoberno coa zona rural” desvelando que en 2019 (segundo se desprende da Conta Xeral) só executou o 4,76 % dos 661.464,84€ do orzamento de investimentos

O concelleiro popular Manuel López analizou o grao de execución do cápitulo VI de investimentos da Conta Xeral de 2019. Segundo as cifras deste documento contable o bigoberno  “tan só se executou o 4,76% € dos 661.464,84 euros previstos”.

O concelleiro popular explicou como “quedaron sen executar os 125.000 € asignados para compra dunha retroexcavadora e unha pala; e dos 500.000 reservados para a pavimentación de camiños só se gastaron 31.464 € quedando o 93,64% sen executar e o mesmo ocorre coa partida que tiñan para o abastecemento de parroquias, os 36.417,37€ nin se tocaron”.

Á vista deste fiasco o popular reclama que os 661.464,84 € que non gastaron os destinen a asfaltar a aglomerar en quente pistas en mal estado das parroquias. Os populares explican que cunha media de gasto por metro lineal de 38€ estaríamos falando de que se poderían acondicionar, en condicións, uns 20 quilómetros da rede viaria da zona rural. “É unha extensión importante se temos en conta que as obras que o bipartito fai habitualmente son de entre 500 a 2 quilómetros de lonxitude”.

Manuel López lamenta que “para o bipartito as parroquias que forman parte do Concello e os veciños que residen nelas parecen non ter as mesmas necesidades que o resto dos lucenses que viven na cidade” puntualizando que “non é de recibo que se lles sega tratando como cidadáns de segunda cando tamén pagan impostos municipais como os que habitan no núcleo urbano”.

Leave a Reply

18 − 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies