O voceiro do PP Ramón Carballo propón consensuar “os monumentos, edificios e localizacións emblemáticas das zonas máis sensibles da cidade onde se poderían instalar as cámaras” para que a alcaldesa ordene preparar o expediente para remitir á Comisión de Garantías da Videovixilancia de Galicia que é o órgano que aproba esta operación

O Partido Popular propón instalar cámaras de videovixilancia no entorno dos monumentos e edificios emblemáticos de Lugo situados na zona centro de Lugo co ánimo de “maximizar a prevención e minimizar as consecuencias das agresións ao patrimonio así como mellorar a seguridade das persoas”.

O voceiro dos populares Ramón Carballo fai esta proposta nun momento onde o centro de Lugo vive unha colección de altercados “o que está xerando unha sensación de inseguridade entre a poboación en xeral”.

O popular cre que, cun sistema de videovixilancia, se proporcionaría máis seguridade ao entorno do recinto amurallado e isto beneficiaría ao pequeño comercio que, nestes tempos, está asfixiado pola situación sanitaria que vivimos matizando que “para o comercio local a confianza é o factor fundamental da súa existencia e para iso é necesario un entorno seguro”.  Carballo explicou que  “as cámaras servirían de elemento disuasorio para as persoas que poidan ter intención de cometer actos que atenten contra persoas, bens patrimoniais, instalacións, etc.

“Nos últimos anos o patrimonio da nosa cidade, sufriu actos vandálicos totalmente inxustificables, cun San Vicente decapitado na fonte da Praza do Campo; ou destrozos no adro da Catedral así como grafittis en diferentes puntos turísticos da cidade …polo que é preciso adoptar medidas de protección especial”, resumía o popular.

Os populares lembran que “os sistemas de videovixilancia esixen contar cos permisos necesarios e cumprir coa normativa en materia de protección de datos, protección da imaxe… para garantir o bo uso deste sistema”. Nese senso pediu á alcaldesa que “tome en consideración esta proposta e impulse esta medida para que nas localizacións estratéxicas de Lugo  non se repitan actos vandálicos ou concentracións que alteren a tranquilidade cidadá”

Carballo matizou que outras cidades galegas e españolas, cuxos cascos son Patrimonio da Humanidade, como Santiago ou Salamanca, xa contan con dispositivos de videovixilancia “para axudar a previr delictos e tamén a resolvelos”.

Leave a Reply

18 + nine =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies