O PP quere que  o nome do Auditorio de Magoi se elixa por consulta popular

By 29 Marzo, 2021Cultura

Os populares piden a PSOE e BNG que abran un proceso de participación cidadá e de exercicio democrático en base a unha selección  de nomes que se acorden entre os grupos políticos en xunta de voceiros

O Partido Popular quere que o Auditorio de Magoi se bautice cun nome elidido de forma democrática e coa participación da cidadanía. Por este motivo pide a PSOE e BNG que organicen unha consulta pública cunha selección de nomes que acorden os grupos políticos da corporación en comisión de voceiros.

Na proposición que presentan os populares para debatir que se aprobe se procede esta consulta popular acóllese ao título II do artigo 4 do Regulamento Municial de Participación Cidadá no que se recolle que “o Concello informará ós cidadáns da súa xestión a través do medios de comunicación social e mediante a edición de publicacións, folletos, carteis, paneis publicitarios e medios audiovisuais, así como a través de actosinformativos ou outros medios que se consideren necesarios. Así mesmo, poderá recolle-la opinión dos veciños a través de debates, reunións, consultas, enquisas e sondaxes de opinión, segundo o procedemento que se acorde en cada caso.

O Grupo Popular “quere, con esta iniciativa, impulsar un proceso de participación cidadá, en base ao Regulamento vixente no municipio argumentando que a consulta popular lle daría un plus de lexitimidade ao novo nome”.

Dende as filas do PP insisten en que “sen desmerecer o papel de Fuxan os Ventos en prol da cultura galega, as formas coas que o BNG co silencio cómplice do PSOE, queren impoñer o nome non son de recibo”.

Os populares cren que ao BNG e ao PSOE cando gobernan cambian a súa forma de actuar e agora “lles escoce pedir opinión aos veciños e veciñas”. “Unhas veces inventan consultas que non existen como aquela de Rafael de Vega que nunca existiu para impoñer a peonalización na rúa e noutras ocasións quedan en boas intencións como o anuncio de Lara Méndez de chequear a opinión veciñal para dárlle un uso á fábrica da luz”.

Hoxe o PP pónlles en bandexa votar a favor de facer un exercicio democrático e pedir a colaboración de todos, non só dos que son do seu bando ou das súas ideas, para designar o nome do auditorio. Un voto en contra a esta iniciativa os deixaría retratados como uns “dictadores, autoritarios e sectarios”.

Leave a Reply

3 + 14 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies