Os populares estiman que se precisará un investimento duns 50.000 euros, segundo os expertos na materia, e que “este esforzo económico se rentabilizará no municipio en pouco tempo, dado o alto número de usuarios que se prevén e xa que “a asistencia ás competicións máis básicas se estima nunhas 2.000 persoas chegándose a multiplicar en caso de ser campionatos a nivel nacional ou internacional”

O Grupo Popular pedirá ao goberno local que cree un  circuíto municipal para a práctica de motocrós enduro e para outras modalidades como o trial, crono de enduro, quads … nunha parcela de titulariedade municipal de 6,58 hectáreas que está situada no antigo vertedoiro de Teixeiro.

O voceiro popular explica que o concello tería que asumir o custe da obra e logo buscar, para o seu mantemento, unha fórmula de cesión da explotación. O voceiro popular explicou que, segundo os estudos realizados in situ nesta parcela con representantes dos colectivos e asociacións que practican esta deporte, “os traballos para facer o circuíto terían unha duración de dez días, cun investimento aproximado para acondicionar as pistas de adestramento duns 50.000 euros”. “A zona elexida sería idónea, non só pola orografía do terreo e o entorno se non porque “na súa superficie se podería, nun futuro ampliar estas instalacións para albergar outro tipo de circuítos como motocrós de iniciación,  trial, zona de quads e rutas de enduro”.

Ramón Carballo manifestou que  este esforzo económico “se vería recompensado e se rentabilizaría en pouco tempo porque o circuíto se convertiría nun referente de Galicia para os afeccionados ao motocrós” xa que “neste momento os lugares máis cercanos para facer campionatos a nivel nacional están nas Neves en Pontevedra ou na Bañeza”. “Tendo en conta que a asistencia a competicións máis básicas se estima en 2.000 persoas, a creación desta dotación está máis que xustificada” razoaba o popular.

Os populares aseguran que os afeccionados a esta modalidade deportiva de Lugo están decepcionados polo incumprimento da alcaldesa da súa promesa. Carballo lembrou como “en outubro de 2018, durante a recepción a Jorge Prado cando gañou o mundial na categoría MX2 prometeu  habilitar, en breve, unha pista de motocrós”. O voceiro popular critica que a política de cara a galería dos socialistas e nacionalistas que, en vez de aproveitar o tirón da figura deste campeón, esquencen a palabra dada.

Leave a Reply

two × one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies