Economía

O PP queixase polo retraso do goberno local en enviar cartas de aviso do IBI

By 30 Xuño, 2020Sin comentarios

O voceiro popular explicou que xa pasaron 45 días dende que se abriu o prazo de pago voluntario, o pasado 20 de maio, e que ainda non chegaron os recibos aos domicilios

O Grupo Municipal do PP, facéndose eco das queixas de veciños de Lugo polo retraso do goberno local en enviar os recibos do imposto de bens inmobles aos domicilios, pide “que se envíen canto antes para que os lucenses, que non teñen domiciliado IBI, poidan aboalos canto antes”.

O voceiro popular Ramón Carballo explicou que o 20 de maio arrancou o prazo voluntario para pagar o IBI e que “xa pasaron 45 días dende que se abriu o período para aboar este imposto sen que chegaran os recibos aos domicilios”. O popular advirte que quedan unicamente 14 días para que remate este prazo e se apliquen recargos porque o 21 de xullo remata o período de pago voluntario”.

Para Carballo é un erro deixar para a última semana o envío dos recibos xa que entende que “está en mans da administración local facilitar este trámite e non poñer trabas aos veciños”. Os populares indican que hai lucenses, que non teñen domiciliado este recibo, e que teñen medo de que o manden no último momento  o que podería dificultar o seu pagamento provocando recargos no imposto. Carballo explica que “algúns poden estar fóra de vacacións, e outros veránse obrigados a gardar interminables colas nos bancos, que se sumarán as que xa hai habitualmente por mor do covid”. De feito sinalan como problema engadido que agora os lucenses para pedir impreso de calquera recibo teñen que pasar como mínimo dous días porque deben primeiro solicitar cita presencial no 010, logo pasar a consulta co funcionario e esperar a que lles emitan o recibo.

Os populares aclaran que “as cartas de aviso que conteñen o recibo do IBI e que ainda non chegaron ao domicilio dos contribuíntes lucenses non son obrigatorias, pero si é algo que se fai de forma habitual polo concello de Lugo”. Carballo manifestou que sen dita notificación informativa os veciños e veciñas corren o risco de non pagar dentro do prazo e ter que facer fronte aos intereses de demora.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies