O PP protagoniza un novo acto simbólico para visibilizar que o Auditorio de Magoi segue pechado e sen prazo para súa apertura

By 23 Marzo, 2021Cultura, Infraestruturas

O voceiro popular Ramón Carballo critica as disculpas coas que o bigoberno  xustifica que esta infraestrutura non abra “non é crible que digan que recibiron un edificio que non está en condicións; ou a última ocorrencia na que se escudan en que ten o mesmo aforo que o Gustavo Freire ou que non compensa abrilo mentres haxa aforos limitados”

O Grupo Municipal do PP ao completo participou nun acto simbólico para reclamar a apertura do novo auditorio de Magoi tras 271 días pechado dende que PSOE e BNG recibiron as chaves do inmoble o 23 de xuño de 2020.

Tal e como anunciou o Grupo Popular o pasado mes de febreiro “tomamos como referencia esta data para facer pública a nosa reclamación e visibilizar “a pouca vergoña que teñen os concelleiros do PSOE e os do BNG inventando, cada mes que pasa, novas excusas de mal pagador para manter pechada esta infraestructura”.

Baixo o hashtag #AbrideoAuditorioXa os concelleiros populares protagonizaron esta mañá a segunda acción reivindicativa para forza a apertura do novo auditorio.

Unha pancarta colgada na rede perimetral da parcela onde está o edificio e na que aparecen a alcaldesa e o vicealcalde e onde se pode ler ‘Para Cando?’  interpela  aos dous socios do bigoberno para que dean a cara e poñan prazos para a posta en marcha deste edificio, demandado no seu día por todos os partidos políticos e o tecido social, no que se investiron máis de 25M€.

O popular asegura que “aos lucenses non nos enganan con disculpas absurdas como a de que o edificio non está en condicións, ou a última ocorrencia na que se amparan en que ten o mesmo aforo que o auditorio Gustavo Freire”. Carballo manifestaba “se non está en condicións foi unha irresponsabilidade que o recepcionaran” engadindo que “o que xa nos parece o colmo é que condicionen a súa apertura ás restriccións da Covid cando, precisamente, pola amplitude desta instalación sería un espazo moito máis seguro que a actual nave do Gustavo Freire”.

Os populares insisten que “polas últimas declaracións da responsable de cultura semella que vai ir para longo a apertura do auditorio polo que, mentres se aclaran sobre o modelo de xestión e a programación que van deseñar, como mínimo deberían abrir a zona para que os veciños podan disfrutar dos espazos públicos”.

Outro aspecto que preocupa á formación popular ten que ver coa seguridade dos equipos “nos que se investiron miles de euros e  que están dentro do novo auditorio”. Carballo advirte que podería dárse o caso de que cando se abra a instalación “haxa problemas con eles xa que ao non usarse poden deteriorarse e supoñer un sobrecuste a maiores en reparacións.

Leave a Reply

1 × 1 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies