O PP propón unha ordenanza que evite a extorsión dos gorrillas permitíndolle á Policía Local decomisarlles o diñero para destinalo a fins sociais

By 2 Outubro, 2019 Policia, Seguridade

O vicevoceiro do Partito Popular Antonio Ameijide dubida si será “por incompetencia ou por mala fé” que Méndez se negue a asumir a súa obriga de impedir a actividade dos gorrillas “perxudicando aos veciños ao permitila tacitamente”

O Grupo Municipal do Partido Popular elevará ao pleno a elaboración dunha nova ordenanza que poña coto á actividade dos gorrillas. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide manifestou que “un dos aspectos que debería figurar nesta norma é a posibilidade de permitir á Policía Local de Lugo decomisar o diñeiro que reúnan os gorrillas”. Os cartos destinaranse para fins sociais en entidades sociais sen ánimo de lucro.

O popular lanzou esta proposta logo de que a alcaldesa cuantificase o que cobran por esta actividade ilícita. Para Ameijide “tendo os datos xa calculados a señora Méndez non debería haber maior problema en incautar os cartos recaudados ilícitamente polos gorrillas. Como saben o que cobraron tamén sabrá o que ten que recaudar”.

Os populares aseguran que esta nova norma será unha ferramenta de traballo indispensable para que a policía local poida actuar contra os que exercen esta actividade. Hai cidade como Murcia que teñen en estudo a posibilidade de incautar o diñeiro recadado extorsionando aos veciños, outras capitais de provincia como Sevilla, Burgos xa teñen normativas especificas para paliar este problema. A ordenanza tamén debe incluir medidas de carácter social para axudar a que estas persoas e ofrecer alternativas para que abandonen esta actividade.

O vicevoceiro do PP agarda que o bigoberno teñan unha maior sensibilidade da que tiveron hai un ano con este asunto e lembrou como “no pleno celebrado o 25 de outubro de 2018 PSOE, BNG e Ciudadanos tumbaron unha iniciativa na cal solicitábamos unha ordenanza para combatir a actividade dos gorrillas”.

Polas súas declaracións todo apunta a que non cambiaron de actitude e manteñen “unha conducta inmobilista, irresponsable e infantil”. Para o vicevoceiro popular “a alcaldesa segue instalada nunha actitude de queixa permanente, non asume responsabilidades e insiste en trasladar a solución dos problemas a outras administracións”. “Deixe de queixarse e busque solucións a este problema xa crónico dos gorrillas do Hula” “Xa non engana a ninguén” resumía Ameijide.

Por último o popular calificó de “absurdo” o plantexamento da alcaldesa de Lugo sobre a gratuidade do parking do HULA “deixese de tonterías, se quere ser coherente a invitamos a que poña de balde tamén os tres parkings do casco histórico”.

Responder

13 − 8 =