Nunha segunda batería de propostas rexistradas esta mañá para debater na comisión de festas do luns o PP suxire que se manteña a localización dos puntos de venta en Rodríguez Mourelo, Ramón Ferreiro ou Praza Maior; que os postos se coloquen en fila, en lugar de enfrontados, e que haxa unha entrada e saída única e controlada 

O Partido Popular, dada a situación sanitaria, actual solicita un cambio na organización dos postos típicos de San Froilán que se viñan colocando no recinto feiral.

A concelleira popular Beatriz Vázquez indicou que “pensamos que se podería manter a localización tradicional, tanto a medianera da Avenida de Rodríguez Mourelo así como a da Avenida de Ramón Ferreiro, ou Praza Maior pero habería que darlle unha volta a súa colocación”. A popular indicou que “habería que colocar os postos en fila, en lugar de enfrontadas, cunha distancia entre posto e posto, e que para o público debería haber unha entrada e saída únicas e con control permanente de aforo”.

A popular asegura que “con esta distribución dos postos de artesanía, productos gastronómicos, téxtiles … se garantiría a limitación do aforo poñendo como norma un máximo de dúas ou tres persoas por punto de venda dependendo do seu tamaño. Se esixirá o uso correcto da máscara así como a desinfección con xeles hidroalcohólicos”.

Tamén, co ánimo de fomentar o consumo local para aquelas persoas que non queiran ou non poidan acudir a esta feira, propoñemos que o concello solicite as subvencións para impulso da comercialización dixital da Xunta para organizar unha Feira Virtual, de carácter artesanal cunha duración e temática vinculada ao San Froilán, na que participen tanto estes postos como o resto do comercio local.

O Grupo Popular solicita que, por cuestións sanitarias, nesta edición do San Froilán non se entreguen programas impresos de mano. A concelleira popular Beatriz Vázquez solicitou que se realice “un deseño vistoso e atractivo” da programación para distribuír en redes sociais. Tamén suxire que se coloque esta información nos mupis que hai  por toda a cidade, en marquesinas e no transporte urbano.

Outra suxestión para mellorar as actividades das patronais é o deseño dun programa de rutas turísticas a pé.“Como todo parece indicar que non teremos nin barracas, nin casetas, ni grandes actuacións hai que buscar outras alternativas de ocio”. Pensamos que este é un bo momento paraachegar aos veciños de Lugo o patrimonio, a historia de forma novidosa. Vázquez manifestou que “poderían facerse paseos nocturnos pola muralla; espectáculos de video mapping en edificios o prazas emblemáticos;  dar a coñecer a figura do patrón e que significou para Lugo”. Trátase de fomentar accións ao aire libre, cunha oferta ampla de horarios para que os grupos sexan reducidos e que poidan admirar, dende outro punto de vista, toda a riqueza que ten  Lugo.

Leave a Reply

5 × two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies