Servizos sociais

O PP propón reabrir os tres kioskos con aseo público e ampliar o catálogo de productos que poden vender

By 14 Decembro, 2018Sin comentarios

O Partido Popular propón a reapertura dos tres kioskos con aseo público da Praza Maior, Santo Domingo e Praza da Milagrosa.

Os populares apostan por reactivar estas instalacións que lembran “levan catro anos sen funcionar, baleiras e cos baños pechados” resumiu,  lamentando “o desinterese do goberno local á hora de recuperar estes elementos”. “Consideramos que tiveron tempo suficiente para pensar en como recuperar os kioskos que hai en L

ugo sobre todo tendo en conta as numerosas peticións que chegan de veciños, moitas delas a través da comisión de suxestións”.

Teijeiro explicou que hai dez meses os socialistas se comprometían a impulsar a recuperación dos kioskos pero “dende aquela non se deu nin o primeiro paso para sacar a concurso a súa xestión. O expediente nin tan sequera chegou ao servizo de Medio Ambiente que é o departamento encargado da confección da documentación para adxudicar este servizo”.

Tras comprobar que se retirou o kiosko que había na Praza da Milagrosa, por mor das obras de remodelación deste espazo, a concelleira popular quere saber “se o goberno socialista mantén a súa postura ou se, pola contra, xa cambiou de opinión”.

Nese senso o PP presenta unha proposición para clarificar o futuro destas instalacións xa que “pensamos que se se manteñen os kioskos no espazo publico, hai que dárlles un uso para dar servizo á cidadanía e evitar que se deterioren co paso do tempo”. “Hai que evitar a toda costa que o seu abandono provoque unha mala imaxe aos veciños e os que nos visitan” en alusión a que son instalacións que están en puntos neurálxicos da cidade.

A proposta que se eleva a pleno ademáis de contempla: levar a cabo as accións oportunas que permitan sacar a concurso público a súa xestión así como solicitar que se estude a posibilidade de diversificar a oferta de productos que se poderían vender nestes 3 kioskos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies