CulturaTransparencia

O PP propón impulsar novos contidos dixitais e material virtual de divulgación da Rede Museística Municipal

By 7 Abril, 2020Sin comentarios

A concelleira popular Beatriz Vázquez asegura que a crise do Covid-19, que multiplicou as visitas virtuais a museos, deixa en evidencia “a pobreza dos contidos dixitais tanto do MIHL como do resto das salas municipais”

O Partido Popular considera que se está desaproveitando a rede museística municipal nesta etapa de confinamento e que a oferta, tanto do MIHL, como do resto das salas con contidos da romanización, é moi limitada. “Somos perfectamente coñecedores de que neste momento hai limitacións aparelladas ao confinamento pero, precisamente esta situación é a que fae saltar as alarmas sobre a necesidade de repensar os contidos dixitais da oferta museística municipal.

“Botamos de menos visitas virtuales guiadas, ou das exposicións tanto da sala dos mosaicos, como da sala de Porta Miñá”. Tampouco hai un contido mínimo do MIHL, que logo de oito anos de vida, o único que demostra con esta pobreza de material virtual é que é unha infraestructura baleira de contido cando debería ser unha instalación de vangarda con proxectos innovadores e audiovisuais de calidade”.

Para a edil popular Beatriz Vázquez “esta pobreza de medios por falta de previsión e de visión política para promocionar os museos locais queda en evidencia nestes momentos de confinamento”. O goberno local “non ten nada para poder utilizar como material para facer o turismo virtual que en moitas outras cidades están ofertando para pasar o illamento destes días de confinamento”. A popular agarda que socialistas e nacionalistas “tomen nota” xa que  “o que, lamentablemente, indica esta situación é o rotundo fracaso da xestión dos museos da rede municipal”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies