InfraestruturasTransparencia

O PP propón implantar aparcadoiros disuasorios no entorno do Casco Histórico conveniando cos propietarios de solares sen uso

By 16 Setembro, 2019Setembro 26th, 2019Sin comentarios

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide propón ao bigoberno que leve a cabo un estudo para localizar as bolsas de solo onde se poderían acondicionar estas zonas de estacionamento aclarando que “a mobilidade e accesibilidade son cuestións vitais para o centro da cidade e suporía unha alternativa á supresión das prazas do Ánxel Fole”

O Partido Popular propón que o goberno local leve a cabo convenios con particulares para habilitar en solares privadas novos aparcamentos disuasorios para dar unha alternativa aos conductores que buscan prazas libres no entorno do Casco Histórico. O vicevoceiro Antonio Ameijide avanzou esta proposta, logo de que PSOE e o BNG ordeasen o peche do aparcamento de Anxel Fole, suprimindo preto de 400 prazas, e tralo recente peche dun parking no barrio da Milagrosa.
Antonio Ameijide puxo de manifesto que se “trataría dunha cesión temporal e a cambio o concello asumiría a limpeza e mantemento do solar así como a sinalización e, incluso, se debería estudar exencións ou bonificacións aos propietarios destes solares, por exemplo no IBI”.

Nese senso, os populares elevarán a pleno unha proposta na que reclaman “levar a cabo un estudo para a implantación de aparcamentos disuasorios no entorno do ámbito PEPRI e a súa zona de influencia”. Os populares poñen de manifesto que “a accesibilidade e a mobilidade deben ser cuestións vitais para o casco histórico e que deben ser tidas en conta se queremos revitalizar o centro de Lugo xa que, de non mudar a política do bigoberno, estarían poñendo en risco o futuro do pequeno comercio de dentro de murallas”.

Ameijide afirmou que “esta medida debería ir da man doutras actuacións como ampliar as dimensións das prazas dos aparcadoiros municipais de Santo Domingo,Praza do Ferrol e Praza da Constitución e tamén crear un sistema de rotación de vehículos gratuíto controlado directamente polo Concello mediante un vehículo cun sistema de lectura de matrículas ou ben con discos indicadores de hora de chegada”. Outro aspecto no que incide o Partido Popular é na necesidade de repintar a sinalización horizontal “os pasos de peóns borrados, a carga e descarga ou paradas de autobuses que están invisibles son unha constante en toda a cidade”, puntualizou o vicevoceiro do PP.

Con esta proposta os populares abren unha semana que en toda Europa se dedica a concienciar e impulsar medidas que fomenten o uso responsable do coche, potenciar o transporte urbano así como os desplazamentos a pé ou en bicicleta. Nese senso os populares criticaron o pasotismo de PSOE e BNG que “non organizaron nin un só acto, nin tan sequera unha convocatoria de cara á galería propagandística” engadindo que “pouco podemos esperar dun bigoberno que desaproveita oportunidades”. Co bigoberno a única realidade é que os cidadáns perdemos en materia de mobilidade “de momento só hai promesas e proxectos pero nin un só avance”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies