Urbanismo

O PP propón eliminar de forma gradual o cableado das fachadas

By 8 Setembro, 2020Sin comentarios

O concelleiro popular Rafael Pérez afirma que “é preciso acabar co feismo, e que tamén é importante levar a cabo este programa de soterramento do cableado por motivos de seguridade” indicando que a actuación podería financiarse con fondos europeos

O Grupo Popular presenta unha proposición para que o goberno local, no marco das competencias municipais, estude a posibilidade de abordar “unha intervención global” para o progresivo “soterramiento” do cableado das fachadas. Rafael Pérez afirma que “é preciso acabar co feismo, e tamén é importante levar a cabo este programa de soterramento do cableado por motivos de seguridade”.

Rafael Pérez Prados explica que con esta intervención se conseguiría frear a proliferación de cableado, tanto no casco histórico de Lugo como no resto dos barrios da cidade, así como a  eliminación gradual do que xa existe na actualidade. O edil popular suxire que se empece polo casco histórico e coas zonas onde se fagan pavimentacións novas incidindo en que “se queremos que o casco histórico de Lugo sexa Patrimonio da Humanidade hai que mudar a imaxe do cableado aéreo para que a súa imaxe teña unha maior calidade turística”

Na proposición que presentan os populares suxiren elaborar un plan que debe incluir un mapa identificativo con todos os puntos da cidade onde hai cableado aéreo e postes; a redacción dos proxectos técnicos correspondentes para a adecuada renovación e soterramento de cada un deles e un cronograma das actuacións, priorizando de forma gradual aqueles puntos que xeneren maiores problemas e perigos potenciais.

Un segundo punto sería establecer convenios con empresas subministradoras que operan en Lugo para avanzar na eliminación da maraña de cables que son da súa propiedade, e que mesmo nalgunhas ocasións están en desuso.

Os populares recalcaron que os gobernos socialistas dos últimos 20 anos perderon oportunidades para erradicar a maraña de cables que hai tanto no casco histórico como noutros barrios da cidade e insisten en que se desaproveitaron as renovacións de pavimentos que se fixeron en diferentes puntos para ocultar o cableado “deberían ter feito canalizaciones para o soterramiento futuro de todos os servizos e suministros (telefonía, electricidade, gas, etc.).

Normativa.-

O Pepri, aprobado a mediados dos anos 90, xa era moi restrictivo con todo tipo de instalacións eléctricas, telefónicas e demáis cableados. A normativa indica que nas instalacións aéreas existentes, producirase a subterranización mediante convenio coas compañías concesionarias e o Concello, de xeito que se realice de forma simultánea coa apertura de zanxas doutros servizos ou renovación de pavimentos”. “Os custes destes traballos serían por conta das compañías”.

Polo tanto dende a entrada en vigor do Pepri a norma non deixa marxe para a instalación de novos postes ou soportes de cableado aéreo e xa avisaba entón de que mentres non se pasaba polo subsolo, os cables que discurrían polas fachadas dos edificios tiñan que facelo pola vía de cornisa en sentido horizontal e na liña de medianeira en sentido vertical”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies