O PP propón crear unha Comisión Especial de seguimento para consensuar e fiscalizar as medidas municipais para afrontar a crise da Covid-19

By 18 Maio, 2020 Economía, Transparencia

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide lamenta que a alcaldesa e os seus socios nacionalistas prefiran montar “campañas de autobombo” para vender “accións por separado de Méndez e Arroxo sen un criterio de unidade e sen buscar ningún tipo de consensos” e que moitas delas acaban sen chegar á cidadanía

O Grupo Municipal quere que socialistas e nacionalistas den conta mensualmente nunha comisión informativa especial “das accións que se están levando a cabo ou que teñen previsto poñer en marcha para paliar os efectos da covid 2019 na economía das familias, dos autónomos, das Pemes e dos veciños lucenses en xeral”. Este é un dos puntos da proposición de pleno que defenderán na vindeira sesión ordinaria indicando que “esta comisión de seguimento debería ter representación dos grupos políticos e dos técnicos municipais que se consideren necesarios para clarificar as medidas que se implanten ou que estean en estudo”.

Os populares reclaman que nesta comisión, entre outras cuestións, se poña data e se consensúen as bases para organizar unha homenaxe ás vítimas desta pandemia dentro do ámbito do municipio. Antonio Ameijide tamén avanzaba que teñen outras propostas, económicas e sociais, que poderían contribuir a paliar os efectos desta pandemia:

  • Realizar unha análise real da capacidade económica do Concello de Lugo, analizando os remanentes dispoñibles, as partidas orzamentarias que non se van a executar e as que son susceptibles de ser empregadas na reactivación do municipio.
  • Pago das facturas a provedores municipais en 15 días
  • Implantación real e inmediata da tramitación telemática municipal
  • Axilización de licenzas municipais, obras, primeira ocupación, actividade…
  • Impulso á obra pública municipal, dando especial prioridade á contratación de obras menores, como modo máis áxil e directo de inxectar liquidez. Dando tamén continuidade á licitación de obra pública establecendo ademais mecanismos de limitación das baixas pseudotemerarias nas ofertas.
  • Aprazamento do pago de taxas e tributos municipais aos autónomos, Pemes, empresas e lucenses afectados pola crise do Covid, cunha diminución dos 50% ingresos
  • Exención e devolución de taxas e impostos aos colectivos máis afectados pola crise, durante a duración do estado de alarma ou a afección da súa actividade: supresión do segundo trimestre recollida de lixo e auga , ocupación de vía pública, vaos…
  • Rebaixa do tipo impositivo das taxas no ICIO e modificación da ordenanza
  • Bonificar o IBI e Imposto de sobre Vehículos de Tracción mecánica de forma proporcional á duración do estado de alarma aos afectados por un descenso do polo menos o 50% de facturación ou ingresos, chegando a unha exención do 95% aos autónomos e negocios que estivesen pechados durante a duración de crise.
  • Habilitar unha oficina de asesoramento específico para todas estas medidas.
  • Suprimir o pago de taxas por terrazas á hostelería durante 2020 e os primeiros seis meses de 2021
  • Bonificación IAE, ás empresas afectadas pola crise: ou Rebaixa do 50% do IAE ás empresas que sufran pé rdidas de polo menos o 50% como consecuencia desta situación. ou Bonificar o 50% do IAE ás empresas cuxo sector fose afectado de forma especial pola crise do covid, que ao finalizar o añou non despedisen a ninguén por mor desta crise.
  • Ampliación de forma proporcional á duración do estado de alarma, da partida reservada ás axudas do PLAN REANIMA. E modificar as bases das mesmas para que poidan acollerse entidades sociais, así como dar unha mellor resposta para sectores que non quedaban recolleitos ou non se adaptaban.
  • Posta en marcha dun Plan de choque de Reactivación da economía local de polo menos 3 mill de €, ampliables, para dar axudas a fondo perdido de entre 5-15.000 € a emprendedores, autónomos, pemes e empresas afectadas.
  • Adianto do pago das axudas e subvencións municipais ás asociacións de ámbito social, cultural, entidades deportivas…

Responder

20 − 9 =