O PP propón bonificacións en impostos e desbloquear licenzas de obra para anticiparse á nova demanda de vivendas no rural

Os populares lamentan que o goberno local desaproveite a crise do coronavirus “para potenciar o rural e facilitar o asentamento poboacional nas 54 parroquias do municipio” criticando que PSOE-BNG “se olviden, de novo, das 400 explotacións agrícolas e gandeiras do municipio”

O concelleiro popular Manuel López  insta ao goberno de Lugo a aproveitar este momento que vivimos no que “os urbanitas empezan a ver con bos ollos buscar vivenda no rural para que o confinamento intermitente que se prevé sexa moito máis levadeiro”.

O edil popular asegura que o goberno de Lugo debería reaccionar e impulsar o “asentamento poboacional nas súas 54 parroquias”. López propón dúas medidas que incentivarían a rehabilitación ou a construcción de vivenda no rural : “a bonificación nun 50% da taxa de licenza de obra e tamén no Imposto de Construcións e Obras, así como a axilización das licenzas xa que, neste momento, estimamos que podería haber nos armarios sobre 150 expedientes sen resolver, algunhas presentadas hai dous ou tres anos”.

Por este motivo, os populares solicitarán ao pleno que o goberno local se comprometa a xestionar en tres meses todas as licenzas que están bloqueadas. “Se non teñen medios propios” piden que se “contraten a técnicos externos para solucionar o cuello de botella que hai neste momento”.

O outro punto do acordo sería modificar diferentes ordenanzas municipais para que se rebaixe á metade a taxa de licenza de obra así como o ICIO nas obras destinadas a favorer o asentamento de poboación, así como a mellora da calidade das vivendas da zona rural. Neste momento, a petición do PP, xa se está bonificando un 50% para explotacións gandeiras e agrícolas.

Os populares tamén volven insistir nunha tercera liña: a cesión do uso das preto de 1500 parcelas municipais que hai no rural para que os lucenses interesados impulsen nelas actividades agrogandeiras e forestais.

López reflexionaba “todas estas propostas están pensadas para a reactivar o rural, fixar poboación, e dar resposta ao movemento de deslocalización e de éxodo das ciudades ao rural que está empezando a fraguarse a nivel nacional”.

Por último, o Partido Popular tamén lamentou o desprezo do goberno local á hora de apoiar  ao sector gandeiro do municipio xa que no programa de axudas do Reanima non hai nin un só euro para eles a pesar de que hai 400 explocións lucenses e ca súa fonte de ingresos é a gandeiría e a agricultura. Manuel López destacou que os gandeiros, sobre todo os de tenreira, están a sufrir as consecuencias do covid 19 xa que “están cobrando menos polas reses e con dificultades para comercializala, mentres os custes de producción aumentan”.

Responder

four × 5 =