O PP propón ao bipartito un sistema ORA gratuíto en zonas con aparcamento saturado

By 9 Xullo, 2019 Zona ORA

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, explicou a estratexia de traballo que desenvolverá o seu equipo de dez concelleiros no próximo mandato. “Moita rúa e contacto directo cos cidadáns, lealdade a Lugo con proposta útiles para mellorar servizos e continuar reforzando a base do partido”.

Ramón Carballo explicou que, en primeiro lugar, xa se iniciaron as visitas a todas as dependencias municipais para “presentarnos e poñernos a disposición” de todos os traballadores municipais”. “Os que xa me coñecedes sabedes que me gusta o trato directo, por iso, estes encontros non responden a un clixé de política de xestos”.

Carballo tamén fixo fincapé en que farán unha oposición leal, responsable e positiva e de feito a primeira proposta que presentou en rolda de prensa é para solucionar un problema que a alcaldesa creou hai catro anos coa supresión da ORA.

O que poñemos sobre a mesa é poñer en marcha un sistema de rotación gratuíto en zonas concretas; crear a comisión do sistema ORA e que se convoque de forma inmediata para determinar as zonas nas que se debería implantar este modelo e, por último,  a retirada da vía pública das máquinas

O Partido Popular ten claro que hai que recuperar este sistema e municipalizarlo, nós avogamos que sexa gratuíto e de feito “hai fondos europeos para invertir en materia de mobilidade e novas tecnoloxías para controlar e facilitar a rotación de vehículos. Por exemplo, se poderían adquirir dispositivos de control como o vehículo lector de matrículas con cargo a estas subvencións.

“Somos conscientes de que este bipartito acaba de arrancar hai unhas semanas pero non é menos certo que seguimos coa mesma alcaldesa por iso hai asuntos nos que non poden pedirnos paciencia, nin tampouco están lexitimados para  pedirnos que esperemos os 100 días de cortesía”.

O voceiro popular tamén destacou o terceiro piar no que se baseará a acción dos dez concelleiros que forman o grupo municipal: o contacto coa cidadanía e coa base do seu partido.

Carballo pediu á alcaldesa que se poña a traballar e que se deixe de demagoxias “estamos preocupados porque en menos dun mes atopámonos con actitudes moi demagóxicas, pouco leais así como diferentes desavenencias entre PSOE e BNG”.

O voceiro popular rematou afirmando que “Lugo ten problemas que hai que resolver nós non nos imos conformar con diagnósticos falsos e remedios equivocados e partidistas. Ese é o meu compromiso, o compromiso do Grupo Municipal para os próximos catro anos”.

Responder

20 + 8 =