O PP propón a adhesión de Lugo á Historia Social Única Electrónica da Xunta

By 11 Setembro, 2019 Servizos sociais

Co ánimo de mellorar o tempo de resposta na resolución dos expedientes do ámbito social, e para evitar calquera tipo de descoordinación ou duplicidades entre administracións dende o Partido Popular proponse ao goberno local a adhesión de Lugo á Historia Social Electrónica da Xunta.

O voceiro popular Ramón Carballo puxo de manifesto que “queremos que Lugo se sume a esta plataforma para facilitar o traballo dos profesionais dos servizos sociais e tamén para contribuír a acurtar os tempos na tramitación de expedientes”.

Carballo explicou que “esta ferramenta dixital ten un funcionamento semellante á Historia Clínica do campo sanitario” aclarando que “neste caso intégranse os datos relativos a historia social dos individuos, incluíndo a situación persoal , social e familiar (si se trata dunha persoa sen fogar, se houbo casos de violencia ou medidas de protección …) ; as súas demandas, valoracións, intervencións …  Dentro da información da HSUE tamén se incorporan datos sobre o seguimento e avaliación por parte do sistema de Servizos Sociais, además de información referente a profesionais e a institucións e organizacións que intervieñen nas mesmas.

Os populares explican que este modelo de traballo xa está implantado en máis de 250 municipios galegos “o sistema púxose en marcha no ano 2016 nos concellos de Boqueixón, Brión, Tordoia e Vivero. Tras unha fase de probas exitosa comezou a extenderse a outros concellos co apoio da Federación Galega de Municipios e Provincias a través de diferentes convenios.

A HSUE será única para cada persona e permitirá que os traballadores dos servizos sociais poidan ter unha visión global e integrada dos usuarios, ademáis de conter ferramentas preventivas.

Para os populares urxe optimizar os recursos, tamén a nivel asistencial  “é un deber da Administración adaptar as novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) para facilitar as valoracións dos profesionais da área social municipal”.

Ramón Carballo recalcou que “está claro que hai novas necesidades familiares, necesidade de apoio ás persoas maiores e dependientes como consecuencia dos cambios demográficos” matizando que “é unha mágoa que Lugo leve anos anclado nun modelo social con recursos limitados e cun persoal saturado”.

 

Responder

17 − 3 =