O PP presenta un paquete de medidas para evitar o afundimento da construción tralo Covid-19

Na reunión telemática que se celebrou hoxe entre os concelleiros do PP e responsables da APEC, Carballo trasladou un paquete de medidas para suavizar asdificultades do sector, no que están incluídos 3000 traballadores e 2000 autónomos no municipio de Lugo

O Partido Popular continua a ronda de contactos para fixar as necesidades das entidades e sectores do municipiodurante a crise do covid 19. Na xuntanza telemática que o voceiro popular, Ramón Carballo, e mailo vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, mantiveron con representantes da Asociación de Empresarios da construción compartiron con eles a súa preocupación pola situación que están a vivir e consensuaron un paquete de medidas dirixidasa evitar o afundimento do sector trala crise do COVID 19. Ramón Carballo coincidiu con eles na necesidade de impulsar o sector xa que “está en xogo o futuro de miles de traballadores do municipio”.

  • A primeira das achegas é a modificación das ordenanzas fiscais que afectan ao sector, para rebaixar os importes de taxas e impostos como a taxas de licenciasde obra, licenzas de actividade rebaixa do ICIO ata o1-2% e impostosvinculados a reformas en -sector de hostalería, comercial, industrial e de ocio. Piden a súa vez que se entendan ás bonificacións no IBI para os promotores, xa que todo parece indicar que vai a haber unha importante relentización do sector.
  • Unha segunda liña que propón o Partido Popular é que o goberno local priorice eaxilice a os contratos menores de obras públicas “é importante activar intervenciónscomo pavimentacións, reparacións e pequenas obras de mantemento,canalizacións …”. O voceiro popular apuntaba que “co reinicio destas obras segarantiría o labor das empresas contratadas e se impulsaría o funcionamento da economía dentro das restricións en vigor” matizando que “cumprindo en todomomento os parámetros sanitarios esixidos de mínima separación entreoperarios así como resto de recomendacións sanitarias para garantir a saúdedos traballadores”. “Esta é unha medida das máis eficaces e áxiles para inxectar diñeiro nas empresas de suministros ou naquelas que subcontrata o concello e queacostuman a ser do entorno”
  • Tamén é fundamental darlle un impulso aos oficios vinculados á construción“desde técnicos a pintores, escaiolistas, carpinteiros … e tamén de pemes,autónomos que non poden acceder aos 200 euros da liña 1. Con todas estasmedidas de bonificación e exención de taxas, fomento da obra pública e incentivosá privada… é o impulso que precisan tamén autónomos e pemes
  • Dende o Partido Popular reiteramos a demanda de modificar as bases doReanima Lugo co obxecto de permitir que colectivos que quedan fóra destasaxudas podan solicitalas como lle acontece a boa parte do sector da construciónque a raíz da última modificación do estado de alarma, xa que quedaronparalizados ao non poder levar a cabo obras en edificios

Responder

3 × 5 =