O PP preocupado polo futuro do centro de día Antonio Gandoy tras dous intentos fallidos na adxudicación do servizo

By 11 Setembro, 2019 Servizos sociais

O Partido Popular critica que o goberno local non fose quen de adxudicar, nun prazo de doce meses, a xestión do único centro de día municipal que ten ao seu cargo. Para o Grupo Popular o feito de que quedase deserta a contratación supón un novo varapau e que certifica que “non mellora o ritmo de xestión xa que se antes a alcaldesa era incapaz de avanzar arestora nin con vicealcalde son quenes de poñer orden neste servizo”.

A concelleira popular Carmen López Silva explicou que “nun período de catro meses xa van dous intentos fallidos na adxudicación deste servizo”. A edil aclarou que “o primeiro fracaso foi en maio cando o concello viuse obrigado a facer modificacións no prego de condicións por mor dun recurso no que se valoran máis cuestións sociais que económicas e, arestora no mes de agosto, atopámonos con que non hai empresas interesadas en asumir a xestión deste servizo”.

Carmen López Silva amosou a súa preocupación porque “estamos a falar de atención ás persoas maiores, o goberno local debía ser máis efectivo e sensible tendo en conta a importancia desta prestación”.

A concelleira cre que “os retrasos de máis de 5 meses en abonar as cantidades que lle corresponden á concesionaria do Centro de día Antonio Gandoy poderían frear a outras empesas a interesarse en  participar nesta contratación”.

 

Responder

6 − 6 =