O PP pregunta os motivos polos que o 40% da plantilla municipal presentou alegacións contra a RPT

By 28 Febreiro, 2020 Persoal

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide pide á concelleira de gobernanza que faga unha valoración individualizada das 228 alegacións que o cadro de persoal presentou ao documento para “evitar o malestar interno e contribuír a axilizar a administración local”

O Partido Popular desvela que o 38% do cadro de persoal do Concello de Lugo está en desacordo coa Relación de Postos de Traballo que presentou o equipo de goberno. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que as 228 alegacións que se presentaron a este documento proban que hai “un malestar importante dentro da casa” e pide á responsable de gobernanza prudencia e que antes de “presumir de RPT” revise as alegacións dos traballadores, que faga unha valoración individualizada e as modificacións que sexan de xustiza.

Os populares anunciaron que queren chequear as 228 alegacións que se rexistraron á Relación de Postos de Traballo polo que pedirá acceso e copia á documentación.

Para Ameijide “en materia de persoal no concello de Lugo hai moito traballo por diante” citando exemplos que a diario poñen en evidencia a deficiente política de persoal seguida nos últimos 20 anos de gobernos socialistas que provocaron o desmantelamento de brigadas como a de augas, obras, do rural así como a situación de mínimos que hai en algúns servizos municipais como na Escola de Música ou en departamentos onde non se cobren xubilacións ou non se fan reforzos e se acumula o traballo sen darlle unha saída áxil xogando coa paciencia dos lucenses. Os populares tamén lamentan que se perdese a Oferta de Emprego Público do ano 2019 dándolle a espalda a crear prazas novas e perdendo os reforzos necesarios nalgúns servizos.

Responder

20 − 16 =