Cultura

O PP pregunta ao bigoberno que vai facer coas ventás arqueolóxicas nas que non se pode ver nada

By 16 Xullo, 2020Sin comentarios

O Grupo Popular denuncia a inutilidade das ventás arqueolóxicas da Rúa Nova e Doutor Castro xa que “tal e como están, sen verse nada do que hai no seu interior, non cumplen a función para a cal se deseñaron”. A concelleira popular Beatriz Vázquez lamenta “o abandono por parte de PSOE e BNG á hora de poñer en valor estes elementos históricos da nosa cidade” puntualizando que “a día de hoxe máis que “restos arqueolóxicos parecen colectores soterrados”.

 A edil do PP comprobou cómo “na Rúa Nova o cristal está estalado, posiblemente por mor dos cambios de temperatura, e en dous de tres das ventás de Doutor Castro non funcionan as luces. Ben sexa por esto ou polo tipo de cristal que puxeron o caso é que non se ve nada”.

 Á vista do fracaso dos sistemas utilizados nestas ventás, dende o Partido Popular queren que o bigoberno se pronuncie sobre si ten algún proxecto definitivo para poñerlas no valor que se merecen lembrando que “dende que se puxeron hai vinte anos só xeraron gastos que non solucionaron os problemas que impiden que cumpran coa súa función”.

 Vázquez é da opinión de que “deixar tal e como están as ventás arqueolóxicas moito tempo, provoca un efecto negativo para os turistas que as visitan xa que é frustrante asomarte a elas e non ver nada”. Para os populares é necesario buscar xa unha solución que sexa definitiva para esta cuestión.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies