O PP pregunta a Méndez se vai suspender o Arde Lucus ou se ten un plan B para celebralo noutra data

A concelleira popular Beatriz Vázquez suxire que “”se traslade a celebración a outra data, para compensar as perdas que vai supor á hostalería” ainda que recalca que “a prioridade é atender primeiro á emerxencia sanitaria

O Partido Popular pide ao goberno local que se pronuncie sobre o futuro do Arde Lucus xa que “estamos a dous meses da súa celebración e ainda non se sabe nada sobre se se vai celebrar ou non esta Festa de Interese Turístico Nacional”. Para a concelleira popular Beatriz Vázquez, a estas alturas, deberíamos saber cal é a previsión explicando como “en outros moitos municipios españois, con festas que se celebran en xullo, xa anunciaron que as suspenden”.

Para os populares “non se debería deixar á improvisación a desconvocatoria desta celebración” e mesmo apuntan que “habería que plantexarse que se desenvolva noutra data do ano, en canto a situación sanitaria o permita”.

Para iso Beatriz Vázquez solicita que se convoque aos colectivos directamente afectados como as entidades que organizan o Arde Lucus así como aos representantes dos hosteleros e comerciantes e buscar a mellor alternativa para evitar as cuantiosas perdas que lles podería supor a suspensión deste festexo.

Responder

5 × 2 =