O PP pregunta a Lara Méndez se comezou a carreira electoral á alcaldía ao crear unha concelleira de Cultura paralela á que dirixe o BNG

By 7 Abril, 2021Cultura, Economía, Transparencia

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo lamenta que a rexedora empregue o suplemento de crédito, de máis de 4M€, que se debaterá nun pleno extraordinario para pensar no seu ben persoal en lugar de pensar no mellor para os lucenses despois de que anunciase a promoción de iniciativas como tardeos, noiteos ou actos de recreación histórica, todos eventos que parece deberan ser xestionados dende Cultura pero que a alcaldesa decidiu apropiarse

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo denuncia o intento de Lara Méndez de duplicar competencias dentro do Concello ao desenvolver, baixo o selo do PSOE, actividades que se deberían de realizar dende a área de Cultura, dirixida polo BNG.

Ramón Carballo ve como se realiza unha clara duplicidade de competencias dentro do Concello, xa que estamos ante un aclara manobra de Lara Méndez por coller a dianteira ao BNG. “Vemos como a rexedora copia a táctica de Arroxo de organizar pequenos eventos, organizados por afíns políticos, aos que, seguramente se lles contratará das empresas que xestionen o 1.060.000€ deste plan.

O popular refírese aos tardeos, noiteos ou actos de recreación histórica anunciados por Lara Méndez para “reactivar a economía”. “Estamos a favor de inxectar liquidez e todos os sectores que peor o están a pasar, por iso mesmo o mellor sería dar as axudas directamente aos sectores que peor o están a pasar, en lugar de tecer un sistema para dárllelo a dedo aos afíns da rexedora”, sinalou.

Unha partida orzamentaria que deberá de aprobarse nun pleno extraordinario para dar luz verde a unha modificación orzamentaria de suplemento de crédito, por valor de 3.983.822,06€, na que se inclúen outras partidas, como o equipamento do novo auditorio ou da biblioteca da Piringalla, carbón para a depuradora ou a execución da sentenza da Fábrica da Luz, todas partidas que “eran previsibles” de ter que acometer neste ano e que nin Lara Méndez nin Rubén Arroxo tiveron a ben contemplar nos orzamentos municipais.

Ante esta situación, vemos como o argumento que se defendeu dende un primeiro momento polo Partido Popular, de que os orzamentos de Méndez e Arroxo “non era reais nin daban resposta ás necesidades dos lucenses” xa que teñen que estar a poñer parches aos mesmos e solicitar á corporación a aprobación de modificacións orzamentarias ou recoñecementos extraxudiciais de crédito.

O momento é duro para o bigoberno de Lugo, xa que veremos como a final de ano, a realidade que tanto Méndez como Arroxo pintaron para Lugo “era totalmente ficticia” xa que os orzamentos que venderon non se corresponderán cos que executaron.

Ante esta situación, os concelleiros populares lanzan unha pregunta aos edís socialistas e nacionalistas: “Acaso non sabían que terían que amoblar a biblioteca da Piringalla ou que a depuradora necesita carbón para funcionar”. “Estamos ante o goberno máis caro da historia de Lugo e os peores xestores da historia de Lugo, unha dualidade que moito tememos que provocará un enorme dano a Lugo e aos lucenses”, sinalaron.

Leave a Reply

20 − 6 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies