O PP pon en marcha un contador dixital que lembra os 240 días que leva pechado o novo auditorio de Magoi

By 23 Febreiro, 2021Cultura

Os populares lembran como o 23 de xuño tivo lugar o acto de recepción desta infraestructura e consideran “inaceptable que logo de oito meses coas chaves en propiedade e 4 anos retrasando a recepción dende que se rematou a obra” PSOE e BNG sexan incapaces de abrir esta infraestructura

O Grupo Municipal visualizou cun contador dixital, no que se marcan os 240 días que pasaron dende que o concello de Lugo recibiu de mans da Xunta o novo auditorio de Magoi, a situación de abandono que sufre esta infraestructura por parte da alcaldesa de Lugo. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide e a concelleira Beatriz Vázquez lembraron que se “cumpren oito meses dende o acto de recepción do auditorio e catro anos dende que se rematou a obra sen que PSOE e BNG sexan quen de poñer en marcha esta infraestructura”.

Os populares explicaron que cada mes, coincidindo coa data de entrega do inmoble que foi o 23 de xuño de 2020, farán accións de denuncia pública para  reclamar a apertura e a posta en funcionamento desta infraestructura.

“Todo apunta a que PSOE e BNG teñen medo a abrir o auditorio porque non teñen ningún plan nin saben que contido lle van  dar” destacaba Ameijide quen indicou que “primeiro, a loita de poderes entre PSOE e BNG e, en segundo lugar, porque ningunha pata do bigoberno sabe que contido dárlle, nin que modelo de xestión van seguir”. O popular manifestou que “non sabemos nin de que depende, estarán repartindo os contratos a dedo que van dar para o PSOE e para a rede de afíns do BNG en cultura”. Pola súa banda Beatriz Vázquez apuntou que “cada día que pasa empeora tanto a situación exterior do edificio, que ofrece unha imaxe desanxelada, como no seu interior onde a falta de ventilación e mantemento está provocando danos ao edificio que logo teremos que pagar todos os lucenses”.

Os populares manifestaron como que, nestes tempos covid, o  novo auditorio  “é unha magnífica infraestructura cultural para controlar o aforo e dar  cumprimento das medidas sanitarias de seguridade”. Os populares recriminan que socialistas e nacionalistas “se pechen en banda e nin tan sequera accedesen á petición que fixemos en comisión para retirar o peche perimetral do edificio, que nalgúns puntos está moi deteriorado. Con este simple xesto gañaríanse espazos para os veciños do barrio mentres non se pon en funcionamento esta dotación”.

O novo auditorio de Lugo supuxo un investimento de 25 M€ para o que se contou con fondos do plan Urbe xestionado pola Xunta. A infraestructura ten case 20.000 m2 repartidos en diferentes salas, unha delas conta cunha capacidade para 900 espectadores.

Leave a Reply

one + 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies