Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular fanse eco das queixas dos veciños desta zona, cansos de non obter ningunha resposta por parte do goberno local, e que solicitan a limpeza urxente do barrio para recuperar un nivel mínimo de aseo urbano e evitar a proliferación de roedores nos solares invadidos pola maleza

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo visitaron o entorno da rúa San Eufrasio despois de recibir a chamada dos veciños da zona para expoñer aos populares as peticións que levan semanas realizando ao goberno local, pero que, de momento, non tiveron resposta algunha.

Os veciños desta zona amosaron como é preciso que o goberno local elabore un plan de limpeza, desbroce e desaratización do entorno, xa que nos últimos meses a maleza medrou sen control, facilitando aos roedores zonas para agocharse e anidar, polo que os veciños piden unha intervención urxente por parte do goberno local para evitar calquera problema. Unha intervención que debería de acompañarse dun plan de limpeza do barrio, xa que hai zonas nas que o aseo urbano é deficiente. “O mínimo que debería de facer un goberno local é preocuparse porque os barrios presenten unha boa imaxe, comezando polo aseo urbano e pola limpeza da maleza, algo do que Lugo carece desde hai demasiados anos”, lamentan.

Os veciños tamén trasladaron aos concelleiros populares outra das demandas máis importantes que teñen como é a mellora do pavimento das beirarrúas de Carril dos Indios. Trátase dunha rúa cunha pendiente moi pronunciada, na que en moitos momentos do ano, debido ás chuvias, xeadas e á falta de limpeza, se producen moitas caídas entre os veciños debido ao esvaradío do chan, polo que solicitan unha solución a este problema. Desde o Grupo Municipal do Partido Popular se pide ao goberno local que se estudie a mellor forma para cambiar o pavimento para evitar novas caídas aos veciños, e incluso a colocación de varandas nas zonas de maior desnivel.

Por último, e non menos importante, os veciños seguen a reclamar unha solución para o cruce entre San Eufrasio e Fontiñas. Hai moitos anos que desde o Grupo Municipal do Partido Popular se pide ao goberno local unha solución para este cruce, que pasa pola construción dunha rotonda, pero que de momento semella imposible pola negativa do Concello de Lugo a recibir esta vía que, a día de hoxe, é de titularidade autonómica. “Hai uns meses que a Xunta de Galicia renovou o pavimento e os servizos desta rúa para entregala ao Concello de Lugo no mellor estado posible e así avanzar na construción da rotonda que piden os veciños, pero semella que o goberno de Lara Méndez e Rubén Arroxo segue a torpedear este proxecto para non ter que construír esta dotación”, finalizan.

Leave a Reply

seven − 1 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies