Medio Ambiente

O PP pide que se mellore a drenaxe e o mantemento dos canís municipais

By 27 Febreiro, 2021Marzo 1st, 2021Sin comentarios

O concelleiro popular Óscar Poy ironizaba co mal estado que presentan  estes espazos para poder soltar libremente aos cans aos que bautizou como “lamaparkings para perros porque están cheos de buratos e feitos un lameiro” indicando que nalgúns, como o de Frigsa, hai usuarios que deixaron de utilizalo polo seu mal estado”

O Partido Popular denuncia que “como consecuencia da mala drenaxe e o nulo mantemento hai canís en Lugo que son inpracticables”. O concelleiro popular Óscar Poy manifestou que o que presenta un estado máis lamentable é o que está en Frigsa “unha zona de esparcemento para estes animais que o goberno local abandonou hai moitos meses e que ofrece unha imaxe que propicia que ningún propietario dun can se atreva a empregar esta instalación”. Óscar Poy explicaba que “é comprensible que os usuarios se queixen porque os perros que entran neste canil se ensucian de arriba a abaixo e o máis grave é que hai pozas cunha profundidade de varios centímetros que poden ser trampas para as mascotas, que mesmo poden chegar a romperse unha pata”.

Outras deficiencias do canil, ademáis das pozas e da ausencia de céspede é “a deprimente á marquesina vella, rota e deteriorada” que se colocou para resgardar aos propietarios dos animais que “xa non serve nin para que calquera persoa que se atreva a entrar neste punto co seu can poida gorecerse da choiva”.

Co ánimo de mudar a situación deste canil  os populares pedirán melloras na drenaxe en todas as infraestructuras que hai para soltar aos cans así como facer un mantemento periódico para evitar chegar á situación no que está o de Frigsa que Poy bautizou como “lamaparking para perros”.

Por outra banda os populares van preguntar polo atraso nas obras de mellora do carril situado no Carril das Estantigas, que tiña unha previsión de 4 semanas de duración dos traballos a partir de finais de novembro, polo que tiña que estar finalizado antes do remate de 2020 pero que, a día de hoxe, segue pendente de rematar, polo que xa son varios os meses que está pechado e sen dar o seu servizo aos lucenses e aos seus cans.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies