O voceiro popular Ramón Carballo presenta unha batería de 47 propostas destacando aquelas relativas a apoiar aos sectores máis afectados pola pandemia, así como reservas de partidas para cuestións relacionadas coa protección social para que “ninguén quede fóra”

O Grupo Municipal do Partido Popular presenta 47 propostas para incluílas nos Orzamentos municipais do ano 2021 e así axudar a adaptalo á situación actual de crise social e económica provocada pola pandemia da Covid. “Somos conscientes de que serán un dos orzamentos máis complexos que o resto dos que se fixeron aquí en décadas” aseguraba o voceiro popular.

“Presentamos arestora estas propostas para demostrar a importancia do consenso político nestes momentos” afirmou Ramón Carballo, quen lembrou como os pasados anos o PSOE pechou as contas municipais co BNG desoindo as achegas presentadas polo PP. “Queremos evitar que o goberno local volva a pasar o rodillo e que mude de actitude porque Lugo merece un cambio de postura” apuntaba.

 

Reactivación económica

– Creación dun Fondo Covid 19 de  5M€ para os sectores económicos máis castigados pola crise como son o comercio e a hostalería con axudas diretas para pagar seguros sociais, gastos fixos ou o pago de intereses de préstamos, aplicable segundo o tamaño da empresa e para perdas de máis do 50% dende marzo de 2020.

  • Reserva dunha partida para a creación dun plan de captación de investimentos, empresas e xeración de emprego.
  • Reserva de fondos para reforzar os proxectos municipais de emprendemento.
  • Reserva dunha partida para a renovación e modernización do pequeno comercio mediante a implantación das novas tecnoloxías.
  • Reforzar as partidas para facer fronte á renovación dos contratos caducados no Concello de Lugo para adaptalos á realidade da cidade.
  • Reserva dunha partida para incentivar a creación de novas empresas vinculadas aos camiño primitivo.

 

Protección Social

  • Incluir unha partida orzamentaria para financiar os gastos extraordinarios aos que teñen que facer fronte as entidades sociais nos centros e programas ocasionados pola crise sanitaria da Covid.
  • Dispositivos de auxilio para persoas maiores que vivan soas. Implantar un servizo de teleasistencia avanzada que envía un sinal de aviso a un servizo de emerxencias
  • Reserva dunha partida para mellorar a conciliación laboral e familiar dos lucenses, a través do compromiso do Concello de Lugo dunha aportación de 100 € ao mes polo nacemento de un fillo durante o primeiro ano de vida.
  • Reserva dunha partida orzamentaria para o incremento das axudas municipais ao aluguer.
  • Reserva dunha partida para ampliar as axudas de emerxencia social.
  • Reserva de partidas orzamentarias destinadas a garantir a atención na casa da muller 24 horas.

 

Urbanismo

  • Reserva dunha partida para contratar un estudo para a actualización do PEPRI.
  • Reserva das partidas necesarias para realizar unha revisión integral do PXOM.
  • Reserva das partidas necesarias para adaptar o PXOM á nova Lei do Solo.
  • Reserva partidas necesarias para o desenvolvemento urbanístico do barrio do Carme
  • Reserva dunha partida para afrontar os posibles gastos derivados da sentenza de reposición da legalidade do Garañón.
  • Partida económica para avanzar no Paseo Interior da Muralla
  • Reserva dunha partida para a adquisición dos terreos necesarios e para desenvolver o proxecto da unión dos parques do Miño e do Rato para pechar o cinto verde de Lugo.
  • Reserva dunha partida para o estudo, deseño e construción dunha zona de baño gratuíta no Miño.
  • Intervención para mellorar a mobilidade vertical actuando en puntos como a escalinata do barrio da estación ou na zona de Volta da Viña.
  • Reserva partida para soterramento cableado que afea o casco histórico
  • Reserva dunha partida para a mellora e humanización da entrada pola Fervedoira da Avenida Adolfo Suárez.
  • Partida para acondicionar un parque infantil na traseira do cuartel de San Fernando
  • Plan de recuperación de edificios abandonados sin uso (fábrica da luz, matadoiro, vella depuradora…)

 

Mobilidade

  • Estudo, deseño e construción de aparcadoiros disuasorios no entorno do Casco Histórico e resto da cidade en parcelas de titularidade pública ou asinando convenios cos propietarios de solares sen uso.
  • Reserva dunha partida para o deseño e posta en funcionamento dun novo sistema rotatorio gratuíto de aparcamento.
  • Estudo, deseño e construción dun aparcamento no barrio da Ponte na zona que linda co Paseo do Miño.
  • Reserva de partidas para a posta en marcha dun plan integral de protección ao peón a través do reforzo da sinalización led con detectores de presenza nos pasos de peóns máis transitados e perigosos do municipio.

 

Cultura e Camiño Primitivo

  • Apertura do novo Auditorio de Magoi
  • Elemento escultórico na Praza do Camiño (Fontiñas) para difundir idea entre peregrinos de Lugo como punto de partida do Camiño
  • Mellorar da sinalización no tramo urbano do Camiño Primitivo (colocación de paneis nas estacións de autobuses e ferrocarril; humanización das zonas como escaleiras de San Eufrasio con Fontiñas; confluencia Carril das Flores con Ronda da Muralla e pasos soterrados na Calzada da Ponte e Louzaneta)
  • Reservar unha partida para impulsar unha campaña de difusión da marca Lugo e os seus patrimonios da humanidade como reclamo turístico para xerar emprego e dinamizar a actividade económica do municipio.

 

Seguridade

  • Creación dunha oficina de asesoramento para os cidadáns afectados por ocupacións ilegais de vivendas
  • Implantación sistema videovixilancia no entorno dos monumentos históricos do municipio e nos puntos máis emblemáticos e conflictivos da cidade
  • Posta en marcha dunha nova delegación da policía local na zona norte.

 

Deportes

  • Novo pavillón polideportivo multidisciplinar e unha nova piscina municipal
  • Pista de motocross en terreos municipais
  • Cobertura dunha das pistas de tenis do Palomar

 

Rural

  • Reservar as partidas necesarias para o estudo, deseño e dotación de abastecemento e saneamento nas parroquias do rural.
  • Reservar partidas orzamentarias para deseñar programas de recuperación, mantemento e conservación de pistas e camiños rurais.
  • Reserva dunha partida orzamentaria para a creación dun programa plurianual para o asfaltado e aglomerado en quente das pistas das parroquias.
  • Reserva dunha partida para a creación dun programa plurianual de limpeza de cunetas.
  • Reserva dunha partida para crear un programa de mobilización de terras.
  • Reserva de partidas orzamentarias para implantar novos puntos limpos móbiles e para a recollida de aceites.

Leave a Reply

11 + three =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies