Partido Popular presenta unha iniciativa a pleno para que a corporación inste ao goberno de España a realizar, de forma urxente, a reparación do caneiro de O Muíño. O concelleiro popular Óscar Poy fae este chamamento logo de que se veña de coñecer que caducou a actual concesión e que esta construción que cruza o Miño pasa a mans do Ministerio de Transición Ecológica.

O popular explica que esta é a mellor época para levar a cabo estes traballos, tanto polo nivel do río como da estación na que nos atopamos razoando que “o arranxo debe facerse antes de que chegue o mal tempo e aumente o caudal do río”. Poy insiste en que é necesaria unha intervención decidida para que non se agrave ainda máis o mal estado deste caneiro.

Os populares lembran  numerosos lucenses que practican piraguismo ou pesca levan anos reclamando a reparación desta construción porque ao estar rota e permitir o paso da auga descende o nivel e dificulta a práctica de actividades deportivas e de ocio ligadas ao río.

A estructura deste caneiro ten na actualidade unha gran rotura pola que pasa tanta auga que dificulta o remo aos piragüistas ou a práctica da pesca.

Os populares afirman que “levamos anos escoitando a gobernos socialistas e nacionalistas que Lugo ten que mirar cara ao Miño, nós estamos dacordo de ahí que presentemos esta iniciativa”. Poy insiste en que “é momento de deixarse de promesas, hai que pasar aos feitos xa que, por desgraza, todo o que ten que ver con potenciar o río, e que depende do PSOE ou BNG, foi  un fracaso”. O popular aludía con esta reflexión ao acondicionamento da tan ansiada praia fluvial, que levan anos prometendo”.

Leave a Reply

eighteen + seven =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies