O PP pide dignificar os restos do compositor lucense Xoán Montes que xacen baixo unha lápida ruinosa

By 24 Xaneiro, 2020 Cultura

Os populares propoñen “que se arranxe a lápida orixinal e que se traslade xunto cos restos do músico a unha zona verde do cemiterio, nun lugar aberto, que permita organizar pequenos concertos”

A concelleira popular Beatriz Vázquez considera patético o estado no que se atopa a tumba do músico lucense Xoán Montes que está situada nunha parcela da sección 4 do Cemiterio do San Froilán.

A popular considera que “hai que dignificar os restos deste gran compositor no camposanto de Lugo” e, nese senso, elevará un rogo ao goberno local.

O que propoñemos é “que se arranxe a lápida orixinal e que se traslade xunto cos restos do compositor a outro punto do cemiterio”. A edil do PP suxire que “se podería acondicionar un espazo na zona verde do camposanto que permita nun futuro servir como escenario de pequenos concertos”. Os populares tamén consideran que “hai que identificar axeitadamente esta lápida cunha placa de metacrilato que lembre o nome de Xoán Montes e a súa grande obra como compositor destacando que puxo a música ao poema de Rosalía “Negra sombra”.

“O que non comprendemos dende o Partido Popular é que un goberno que di ter gran sensibilidade pola cultura galega amose, tanto no tour virtual do cemiterio como no tour presencial, ofreza unha vista tan desoladora do lugar onde xace un autor coñecido a nivel mundial como é Xoán Montes” resumiu a popular.

Responder

20 − nineteen =