O PP pide ao pleno que se sume a unha declaración institucional de apoio incondicional aos Corpos de Seguridade despregados en Cataluña

By 22 Outubro, 2019 Policia, Proposición, Seguridade

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo sinala que “como representantes públicos debemos ter sentido de Estado” polo que estamos na obriga de amosar o noso apoio público a todos aqueles que cada día traballan en prol do mantemento da seguridade e da liberdade

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, pedirá á corporación municipal unha declaración institucional na defensa e apoio das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, ante os constantes ataques que están a sufrir en Cataluña na defensa dos dereitos e liberdades públicas.

Ramón Carballo explica que ante os graves disturbios que nos últimos días están a producirse en distintas cidades de Cataluña, o Concello de Lugo debe reafirmar o seu rexeitamento a calquera manifestación de violencia e o seu compromiso na defensa da Constitución, a legalidade vixente e os principios, dereitos e liberdades que dela emanan.

O voceiro popular afirma que é preciso “apoiar” o traballo que realizan as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, xunto aos Mossos d´Esquadra, fronte á barbarie de quen perturba a convivencia pacífica. “Están a realizar unha labor exemplar para a protección dos bens e a seguridade de todos”, explicou.

Ante esta situación, Ramón Carballo explica que o Concello de Lugo debe declarar a súa firme condena aos actos violentos protagonizados nos últimos días “por elementos radicais” en Cataluña, ademais de manifestar a súa solidariedade cos millóns de cidadáns que están a sufrir esta terrible situación. Solidaridade que se fai extensiva ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como á Policía Autonómica catalá, e “en especial a todos aqueles de seus membros que resultaron feridos no desempeño das súas funcións, polo seu impecable labor e a profesionalidade demostrada para a defensa e protección dos dereitos e liberdades de todos”.

Responder

19 + 20 =