TransparenciaUrbanismo

O PP pide ao novo coordinador de urbanismo que medie para que Santos non poña trabas ao acceso de información

By 3 Maio, 2021Sin comentarios

Para Antonio Ameijide o edil socialista Álvaro Santos intenta amordazarnos “despachando con respostas escurridizas peticións de informacións” para deste xeito “limitar o traballo de fiscalización da oposición”

Os populares pregúntanse “como pode pedirnos Álvaro Santos unha política útil á oposición cando unha das primeiras decisións que toma é negarnos o acceso á información”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide facía esta reflexión logo de que o responsable de urbanismo se negase a facilitar os datos sobre o número de licenzas de obra sen resolver. A petición que se cursou por escrito o pasado día 22 de abril respondeuse o pasado venres 29 de abril e nela se indica que a información solicitada “non se obtén automaticamente” polo que “non procede acceder ao solicitado”.

Os populares consideran que esta “resposta escurridiza” vén motivada porque “algo teñen que ocultar”. Por este motivo hoxe o vicevoceiro popular lle solicitaba “ao interventor que no seu papel de tutela e coordinación de Álvaro Santos, e en aras á transparencia, medie para que o edil socialista recapacite e permita o acceso á información

Para os populares esta negativa a aportar documentación das licenzas de obra pendentes de resolver so pode significar dúas cousas: “A primeira que ocultan a información porque son un despropósito todos os expedientes atascados que hai en urbanismo, e en segundo lugar, que non lles interesa achegar os datos porque queren seguir practicando a política do armario onde se poderían mover de forma arbitraria”.

Para o PP resulta unha escusa pouco crible que respondan, en pleno século XXI, cun smart city en marcha, que son incapaces de cuantificar o número de expedientes de licencias de obra en espera.

Ameijide insistiu en que o Grupo Municipal Popular non caerá no cebo que lle pon o goberno local “con estas actitudes de prepotencia”. Os populares insisten en que “dende o Grupo Popular non se cambiará a forma de facer oposición. Seguiremos presentando iniciativas construtivas e de fiscalización da súa acción de goberno co único obxectivo de mellorar a vida dos lucenses”, concluíu. Os populares se preguntan “como pode pedirnos Álvaro Santos unha política útil á oposición cando unha das primeiras decisións que toma é negarnos o acceso á información”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies