InfraestruturasTransparencia

O PP pide ao goberno local que licite a cafetería do vello cárcere tres anos despois da inauguración do centro cultural

By 14 Febreiro, 2020Febreiro 17th, 2020Sin comentarios

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide lamentou a falta de capacidade do bigoberno que “tras tres intentos fracasados para adjudicar a cafetería segue sen reaccionar” solicitando que “o máis axiña posible se adapten os pliegos para que este servizo sexa atractivo para os hostaleiros de Lugo”

O Partido Popular reclama que o goberno local saque a licitación a cafetería do vello cárcere “que leva tres anos amoblada e pechada tras tres intentos fallidos do goberno local de sacar a concurso este espazo”.

Dende o Grupo Popular afirman que os problemas da adxudicación desta cafetería son froito dunha mala planificación xa que “carece dunha entrada independente”. O popular explicaba que o ascensor que dá acceso á cafetería está dentro do edificio polo que, ou ben obriga a pechar este servizo ás dez, que é a hora a que cerra o vello cárcere, ou ben, require a contratación de seguridade privada na entrada, fóra do horario de apertura ao público do centro cultural algo imposible para o hostaleiro”.

O vicevoceiro insistiu en que “hai decenas de hosteleiros desexando puxar pola gestión e que senon o fan é porque as tres convocatorias que se fixeron estaban fóra das necesidades do mercado”. Por este motivo, os populares reclaman unha nova licitación da cafetería do Vello cárcere “cunhas condicións realistas e adaptadas ao sector hostaleiro de forma que o servizo preste unha atención cun horario axeitado que permita que o hostelerio o xestione”.

Ameijide lamentou a falta de capacidade de reacción dos socialitas e nacionalistas xa que “non é de recibo que este magnífico mirador da praza da Constitución e da Muralla esté pechado” manifestando que “non hai unha vontade política do goberno para axilizar este proceso perdendo, deste xeito, a oportunidade de brindar aos lucenses esta magnífica cafetería con vistas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies