O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez faise eco das queixas dos praceiros e os empresarios do entorno que aseguran sufrir unha mingua importante dos seus ingresos desde que comezaron as obras de peonalización, que se engaden aos problemas que xa tiñan por mor da crise do covid

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, faise eco das queixas dos comerciantes da Praza de Abastos e do Mercado a raíz das obras de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros, que están a sufrir numerosos problemas.

Ante esta situación, varios concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular se achegaron ata a zona para falar cos praceiros e os empresarios do entorno, que confirmaron os problemas xa coñecidos polos edís populares.

Rafael Pérez explica que todos os empresarios (tanto os da praza como os do entorno) están “moi preocupados”. “Están a experimentar unha baixada notable dos seus ingresos nas últimas semanas debido á sobras, que se engaden aos problemas que xa tiñan a raíz do covid”, explicou. Un exemplo dos problemas derivados destas obras vese nos bares do entorno, que practicamente non poden empregar o interior dos seus negocios polas restriccións do covid, pero tampouco o exterior polos problemas derivados das obras.

Uns problemas que se deben paliar, entre outras medidas, a través dun control exhaustivo por parte do Concello de Lugo desta obra, para garantir que se cumpren os prazos e que todo marcha segundo o previsto.

Ademais, o edil popular pide que se habilite un paso para os peóns, xa que o que se adoptou na actualidade (pola calella do hospital) xera medo entre moitos cidadáns a determinadas horas do día.

Leave a Reply

two × 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies