Transparencia

O PP pide ao goberno local indicar consellos sobre as medidas de distanciamento social nos mupis, marquesiñas, autobuses e cruces con aglomeracións

By 17 Agosto, 2020Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular instan a Lara Méndez a facer recordatorios a toda a cidadanía das medidas de distanciamento social para evitar unha nova propagación do Covid-19 e así garantir a seguridade dos lucenses

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo reiteran ao goberno local a posibilidade de que se tomen as medidas necesarias para que a cidade sexa unha zona segura e na que todos os lucenses teñan claras as recomendacións das autoridades sanitarias nas diferentes fases da desescalada.

Os concelleiros populares solicitan que o Concello de Lugo estude a posibilidade de poñer en marcha diferentes canles de comunicación coa cidadanía para recordar as distancias de seguridade para evitar a propagación do Covid-19. Diferentes medidas como poden ser:

  • Carteis nos mupis que o Concello ten repartidos pola cidade (o Concello de Lugo conta con 80 marquesinas e mupis)
  • Publicidade no transporte público municipal
  • Empregar a megafonía municipal do Concello e de diferentes prazas para emitir mensaxes á cidadanía, algo ao que tamén se pode sumar a Policía Local a través dos seus vehículos cando detecten algunha aglomeración de persoas ou coa megafonía dos semáforos durante a fase de cor vermella que impide cruzar aos peóns, mantendo o sinal acústico habitual na fase de cor verde para que as persoas invidentes poidan cruzar con seguridade

Mensaxes recordando as recomendacións de distanciamento social, o uso obrigatorio da mascarilla ou un chamamento á responsabilidade, entre outras directrices, algo ao que se podería engadir que o Concello de Lugo colocase sinais visuais nas beirarrúas dos cruces con máis afluencia de público.

Para os concelleiros populares recordar as medidas de seguridade “non está de máis” para entre todos axudar a loitar contra o coronavirs. “O que debemos facer desde o Concello de Lugo é recordar as medidas sinaladas polas autoridades sanitarias e facer todo o que estea nas nosas mans para que os veciños de Lugo se manteñan seguros”, sinalan.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies